Remove ads
unha tecnoloxía que consiste en calcular distancias dende un emisor láser cunha luzada láser From Wikipedia, the free encyclopedia
LIDAR (son as siglas en inglés de Light Detection and Ranging ou Laser Imaging Detection and Ranging) é unha tecnoloxía que consiste en calcular distancias dende un emisor láser cunha luzada láser. O sistema é moi sinxelo xa que consiste en calcular distancias sabendo o tempo que tarda a luzada láser en chegar ó destino final da distancia. Esta tecnoloxía é parecida ós contaquilómetros dos coches que calculan a velocidade do vehículo calculando canto tardan en dar unha volta sobre si mesmas as rodas dianteiras. En xeral, a tecnoloxía lidar, ten aplicacións en xeoloxía, sismoloxía e física da atmosfera.
Por exemplo en xeoloxía: fanse medicións de distancias con láser para aplicacións de mapas a grande escala, procesos de contorno e curvas de nivel para ortofotos dixitais.
Centrándonos máis no tipo de tecnoloxía, podemos dicir que a tecnoloxía empregada é como a que usan os policías nas súas pistolas láser para determinar a velocidade dos vehículos que circulan no tráfico rodado. Deste xeito podemos destacar algunhas das vantaxes da tecnoloxía láser fronte outras tecnoloxías de medición de distancias:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lidar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.