filme de 1945 dirixido por George Sidney From Wikipedia, the free encyclopedia
Levando áncoras (en inglés: Anchors Aweigh) é un filme musical estadounidense de 1945 dirixido por George Sidney, protagonizado por Frank Sinatra, Kathryn Grayson e Gene Kelly e con cancións de Jule Styne e Sammy Cahn. No filme, dous mariños cun permiso de catro días en Hollywood coñecen a un neno e a súa tía, unha moza aspirante a cantante á que os mariños intentan axudar a que consiga unha audición na Metro-Goldwyn-Mayer. Ademais dunha secuencia en que Kelly baila co rato Jerry, de Tom e Jerry, no filme aparecen José Iturbi, Pamela Britton, Dean Stockwell e Sharon McManus.[5]
Levando áncoras | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Anchors Aweigh |
Director | George Sidney |
Produtor | Joe Pasternak |
Guión | Natalie Marcin (argumento) Isobel Lennart |
Intérpretes | Frank Sinatra Kathryn Grayson Gene Kelly |
Música | Jule Styne (cancións) Georgie Stoll (dirección musical) Axel Stordahl (orquestración) Calvin Jackson (música incidental) |
Fotografía | Charles P. Boyle |
Montaxe | Adrienne Fazan |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer M-G-M Cartoons (secuencias animadas) |
Distribuidora | Loew's Inc.[1] |
Estrea | 19 de xullo de 1945[2] |
Duración | 143 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 2 580 000 dólares[3] |
Recadación | 7 475 000 dólares[3][4] |
Na rede | |
Foi estreada en galego pola Televisión de Galicia o 11 de xullo de 1990.[6]
Dous mariños son condecorados polas súas accións de guerra na armada estadounidense. Joe (Kelly) salvou a vida de Clarence (Sinatra), polo que se sente en débeda por el, de xeito que Clarence, máis tímido e apoucado, consegue que Joe lle ensine a lograr unha moza da que se namora, a tía Susie (Grayson).
O filme foi escrito por Natalie Marcin e Isobel Lennart e dirixido por George Sidney. Foi o primeiro de tres filmes de compañeiros con Kelly e Sinatra, ao que seguiron Take Me Out To The Ball Game e On the Town, ambos de 1949. A produción tentou mesturar algúns dos elementos de máis éxito de filmes musicais anteriores da MGM, como Meet Me in St. Louis (1944).
O filme é lembrado polo número musical en que Gene Kelly baila sen interrupción co rato Jerry, ao que pon voz Sara Berner. O gato Tom aparece brevemente como un mordomo na secuencia supervisada por William Hanna e Joseph Barbera. A animación foi realizada totalmente por Kenneth Muse, Ray Patterson e Ed Barge. Orixinariamente, os produtores querían empregar a Mickey Mouse para a escena. Algunhas fontes indican que inicialmente Walt Disney aceptou prestou a Mickey, mais que Roy Disney rexeitou o acordo. Segundo o libro Bob Thomas sobre Roy Disney, o estudio tiña débedas despois da segunda guerra mundial e estaban centrados en estrear os seus propios filmes nese momento. Segundo Roy, non era un negocio realizar animacións para outras persoas.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.