From Wikipedia, the free encyclopedia
Leif Eriksson ou Leifr Eiríksson en nórdico antigo significando O afortunado, nado en 970 e morto en 1020, foi un explorador viquingo, con gran sona a raíz da súa viaxe a América.
Nome orixinal | (non) Leifr heppni Eiríksson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 978 Comunidade Islandesa (Comunidade Islandesa) |
Morte | c. 1020 (41/42 anos) Brattalid, Groenlandia (pt) , posiblemente |
Relixión | Cristianismo e Paganismo nórdico |
Actividade | |
Ocupación | explorador, navegante |
Familia | |
Pais | Erik o Roxo e Thjodhild |
Irmáns | Freydís Eiríksdóttir Thorvald Eiriksson Thorstein Eiriksson |
Descrito pola fonte | Leif Eriksson (c. 975–1025), explorer and discoverer of America (en) Encyclopædia Britannica |
Naceu en Islandia. Fillo do explorador noruegués Erik o Vermello, continuou a tarefa de colonización cara ao oeste iniciada polo seu pai. Arredor do ano 1000, guiado polos relatos do comerciante Bjarni Herjólfsson, dirixiuse cara ao oeste e pasou un inverno nunha terra á que nomeou Vinlandia e que describiu como abundante en salmóns e pasteiros. O campamento constituiría o primeiro asentamento europeo en América, cincocentos anos antes de que Cristovo Colón chagase. O seu irmán Thorvald Eriksson foi o primeiro europeo en ter contacto con amerindios, e tamén a súa primeira vítima. O campamento, Leifbundir, estaba situado no extremo norte da illa de Terra Nova, no lugar coñecido actualmente como L'Anse aux Meadows e durou só unhas décadas antes de ser abandonado, por mor da agresividade dos indíxenas e pola continua fustrigación que sufrían os colonizadores.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Leifr Eiríksson |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.