From Wikipedia, the free encyclopedia
A Lei de Instrución Primaria Obrigatoria (tamén coñecida como Lei de Educación Primaria Obrigatoria, LEPO) foi unha lei chilena de 1920, que estabeleceu que o Estado garantiría a cada neno e nena o acceso gratuíto aos centros educativos e velaría para que se cumprise esta normativa.[1][2]
A LEPO estabeleceu a obrigatoriedade de asistir á escola, até polo menos cuarto ano de educación primaria (o que logo se estendeu a 6º ano en 1929).[1] Iso constitúe un fito na historia da expansión da cobertura educativa chilena, que posibilitou o acceso ás escolas a cidadáns de escasos recursos.[1]
O 24 de novembro de 1860, baixo o goberno de Manuel Montt, foi promulgada a «Lei Xeral de Instrución Primaria», fito decisivo na educación chilena do século XIX.[2] Con todo, décadas máis tarde, o desenvolvemento do país e as demandas de novos grupos sociais excederon esta normativa:[2] O maxisterio chamaba a reformar a educación chilena a través dun novo corpo legal que normara o deber do Estado no cumprimento e funcionamento da instrución primaria obrigatoria.[2]
En 1902, foi presentado ao Congreso Nacional un proxecto de lei que estabelecía a obrigatoriedade da instrución primaria.[2] A Lei N° 3.654 aprobouse dezaoito anos despois, o 26 de agosto de 1920.[2] Foi publicada no Diario Oficial durante o goberno de Juan Luís Sanfuentes.
As diferenzas entre a lei de 1860 e a de 1920 expresábanse nas responsabilidades de asistencia e acceso do alumnado ás escolas.[2] A lei de 1860 dispuña a obrigación dos pais e nais de enviar aos seus fillos aos estabelecementos educacionales, pero a disposición non era supervisada polo Estado. Así, a maioría dos nenos e nenas, en especial dos sectores populares, non acudía ás escolas.[2]
Para iso, definiuse que pais, nais e apoderados tiñan a obriga de que os seus fillos e pupilos fosen durante catro anos cando menos e antes cumprir trece anos de idade, un estabelecemento de educación primaria fiscal, municipal ou particular.[3]
Ademais, a normativa indicaba que os menores que cumprisen trece anos sen adquirir os coñecementos dos dous primeiros anos da educación primaria, debían seguir asistindo a unha escola até ser aprobados nas probas regulamentarias anuais ou até cumprir os quince anos de idade. Se obtiñan unha ocupación de carácter permanente, continuaban sometidos a esta obriga até os dezaseis anos de idade, debendo satisfacela nalgunha escola suplementaria ou complementaria.[4]
O primeiro ciclo de formación contaba con tres graos de educación xeral compostos de dous cursos escolares cada un. Ademais podíase acceder a un cuarto grao de educación vocacional onde se ensinaba agricultura, minaría industrias manuais e comercio, cunha duración variábel dun a tres anos. Ordenábase tamén o funcionamento de escolas primarias para adultos.[5]
A lei estabelecía que, en toda comuna, debía haber unha escola primaria para cada xénero por cada mil habitantes. Mentres que, naquelas comunas onde non houbese necesidade de novas escolas elementais, a municipalidade debía manter unha de persoas adultas.[2]
A orde indicaba que, para exercer nas escolas públicas, necesitábase contar co título de normalista, ter un título do Estado que habilitase para o ensino de ramos especiais ou posuír un certificado de aprobación para o ensino expedido polo «Consello de Educación Primaria».[2]
A nova normativa permitiu un avance na educación chilena e mellorou os niveis de escolaridade. Con todo, este avance deu lugar a un novo desafío: reformular e reestruturar o funcionamento estatal da educación para que se cumprísense efectivamente estas disposicións.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.