From Wikipedia, the free encyclopedia
Ao nome de lei de Gauss responden varias leis que rexen o comportamento de campos vectoriais na física e que resultan da aplicación do Teorema de Gauss (unha relación matemática) ao electromagnetismo, á mecánica gravitatoria etc.
Deste xeito é que se fala de Lei de Gauss para o campo eléctrico, para o campo gravitatorio (campos conservativos ou irrotacionais) ou para o campo magnético (campo rotacional).
A lei de Gauss é unha lei física que aplica o teorema de Gauss a un campo eléctrico, establecendo a relación entre o fluxo eléctrico que atravesa unha superficie pechada e a carga eléctrica existente no interior desa superficie.
Matematicamente pódese expresar na súa forma integral ou na súa forma diferencial.
Así mesmo a lei de Gauss é unha das catro ecuacións de Maxwell que rexen no conxunto do electromagnetismo.
Na súa forma integral estabelecen:
onde é o campo eléctrico, é a área dun cadrado diferencial sobre a superficie pechada S coa normal á superficie da cara exterior definindo a súa dirección, é a carga total engaiolada pola superficie, é a permitividade eléctrica do baleiro e é a integral sobre a superficie S que encerra o volume V.
Na súa forma diferencial a ecuación devén:
onde é o operador delta, que representa aquí a diverxencia, D é o desprazamento eléctrico (en unidades de C/m2), e ρ é a densidade de carga eléctrica libre (en unidades de C/m3), que non inclúe as cargas ligadas no material.
E para materiais lineares tense que:
onde é a permitividade eléctrica
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.