Learjet 40

From Wikipedia, the free encyclopedia

Learjet 40
Remove ads

O Learjet 40 (LJ40) é un reactor executivo lixeiro producido por Bombardier Aerospace.

Datos rápidos Persoas e organizacións, Produción ...
Remove ads

Deseño e desenvolvemento

O Learjet 40 deriva do Learjet 45 pero ten unha fuselaxe máis curta (uns 60 cm) e está impulsado por dous motores Honeywell TFE731-20AR. O modelo 40 sucede ao Learjet 31A na liña de modelos Learjet, con varias melloras de actuación e comodidade tomadas do modelo 45.

O prototipo, un modelo 45 reconstruído, voou por primeira vez o 31 de agosto de 2002, e o primeiro avión de produción realizou o seu voo de estrea o 5 de setembro dese mesmo ano. Ámbolos dous voos tiveron lugar no aeroporto de Wichita Dwight D. Eisenhower. O Learjet 40 entrou en servizo en xaneiro de 2004.[1]

O Learjet 40XR é unha versión mellorada introducida en outubro de 2004, ofrecendo un maior peso de engalaxe, máis velocidade de cruceiro e mellor taxa de ascenso en comparación co LJ40. Os incrementos son debidos ao uso da configuración de motor mellorada TFE731-20BR.[2]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads