León das neves
criatura mítica e símbolo do Tíbet From Wikipedia, the free encyclopedia
criatura mítica e símbolo do Tíbet From Wikipedia, the free encyclopedia
O león das neves (en tibetano: གངས་སེང་གེ་; gangs seng ge; en chinés: 雪獅) é un animal celestial do Tíbet. É o emblema do Tíbet, que representa as cadeas montañosas nevadas e os glaciares do Tíbet,[1] e tamén pode simbolizar o poder e a forza, a coraxe e a alegría, o leste e o elemento terra.[2][3] É unha das Catro Dignidades do budismo shambala.[4] Esténdese sobre as montañas e adoita ser representado de cor branca e cunha melena turquesa. En Viaxe ao Oeste, publicado en 1592, o león das neves aparece representado como un dos Yōkais.[5]
Dende 1909 até 1959, un só león das neves ou un par deles utilizouse como emblema do Tíbet en moedas, selos postais, billetes e na bandeira nacional do Tíbet. A versión que se mostra á dereita con dous leóns de neve foi introducida polo 13º Dalai Lama en 1912, baseándose en vellos estandartes militares, e aínda é usado polo goberno tibetano no exilio.[1] A bandeira é popularmente coñecida como "bandeira do león das neves" (gangs seng dar cha).[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.