O Laredo Remo Club foi un club de remo da localidade de Laredo (Cantabria). Disputa regatas en tódalas categorías e modalidades do banco fixo (bateles, traiñeiriñas e traiñeiras).

Thumb
Traiñeira de Laredo (vermella) xunto á de Orio (amarela) na bandeira de Plentzia.

Historia

O club comezou participando na modalidade de traiñeiras nos anos 1975, 1976, 1977, 1978, 1979 e 1981 co nome de "La Pejinuca", logrando o seu mellor resultado na Copa de 1976, na que quedou terceira e na cuarta praza da I Bandeira Vila de Bilbao de 1978, ano no que tamén conseguiu o subcampionato Rexional por detrás de Astillero e segundo no Gran Premio de Astillero.[1][2] A partir de 1981 non volve sacar a traiñeira, mais no 2003 conseguiu unha tripulación para competir.

No 2005, a traiñeira de Laredo foi a cuarta clasificada na liga Vasca (actual Liga ARC). En 2006, debido á expulsión da Liga San Miguel da Sociedad Deportiva de Remo Astillero por parte dos organizadores e segundo os estatutos debería subir o primeiro clasificado da mesma zona xeográfica do equipo que sae da liga. Polo tanto Laredo (situado un posto por riba do Club de Remo Ciudad de Santander) ascendeu á Liga San Miguel, ademais tamén gañara o play off da Liga ARC. Esa mesma tempada finalizou segunda na Bandeira de Santander.

Durante o 2006 os resultados non foron bos, polo que o equipo rematou penúltimo na liga e tivo que disputar o play off de descenso á Liga ARC. No play off enfrontábanse a San Pedro (Campión da Liga ARC, a Samertolameu, (Campión da Liga Galega e a Koxtape (clasificada no último posto da Liga San Miguel por detrás de Laredo). Na primeira regata do play off gañou San Pedro e na segunda posición e a 11 segundos situouse Laredo. Na segunda xornada decidíase todo e gañou outra vez San Pedro, obrigando a Laredo a finalizar segunda ou terceira no caso de que o segundo fose Koxtape, e así ocorreu, Koxtape foi segunda a 1 segundo de San Pedro e Laredo quedou na terceira posición a 7 segundos do primeiro. Así Laredo superou a Koxtape e Samertolameu e se mantivo na Liga San Miguel.

No 2007, o seu nivel foi superior ao da tempada anterior e non pasaron tantos problemas para manterse na máxima categoría do remo. Finalmente foron décimos e se salvaron de disputar o play off.

No 2008 quedaron duodécimos e no play off perderon o dereito a participar na Liga San Miguel. En outono o equipo foi disolvido por ser economicamente incapaz de afrontar as súas débedas.

Palmarés

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.