regatista galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Lara Cacabelos Afonso, nada en Pontevedra o 22 de maio de 1989, é unha regatista galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de maio de 1989 (35 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Cantabria |
Actividade | |
Ocupación | regatista |
Deporte | vela |
Compite na categoría match race nun equipo patroneado pola catalá Silvia Roca e a tinerfeña Eva González. Con ese equipo en 2010 proclamouse subcampioa Iberoamericana de vela, nun campionato disputado en Santander, ao rematar por detrás da tripulación patroneada por Támara Echegoyen. Tamén con Roca e González participou en 2011 tanto no campionato de España, onde se proclamou subcampioa[1], como no mundial de vela desa categoría olímpica, celebrado en Perth, e onde remataron clasificadas na posición 12ª.
Estudou na Escola Técnica Superior de Náutica da Universidade de Cantabria[2].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.