Lamniformes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lamniformes

Os Lamniformes son unha orde de condrictios elasmobranquios selaquimorfos[2] que inclúe numerosas especies de tiburóns, algunhas tan coñecidas como o tiburón branco (Carcharodon carcharias), mentres que outras son tan estrañas como o tiburón de boca ancha (Megachasma pelagios) ou a quenlla fociñuda (Mitsukurina owstoni).

Máis información Clasificación científica, Familias ...
Lamniformes
(Lamniformes)

Rango fósil: cretáceo temperán - actualidade[1]

Carcharias taurus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Lamniformes
Berg, 1958
Familias
  • Véxase o texto
Pechar

Características

Posúen dúas aletas dorsais sen espiñas e unha aleta anal. Teñen cinco fendeduras branquiais e, normalmente, espiráculos pequenos situados tras os ollos, que carecen de membranas nictitantes. Aas mandíbulas esténdense até máis atrás dos ollos.

Clasificación

Orde Lamniformes

  • Familia Odontaspididae
  • Familia Mitsukurinidae
  • Familia Pseudocarchariidae
  • Familia Megachasmidae
  • Familia Alopiidae
  • Familia Cetorhinidae
  • Familia Lamnidae

En Galicia

En augas próximas ás nosas costas están citadas as seguintes especies da orde:[3][4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.