filme de 2017 dirixido por Greta Gerwig From Wikipedia, the free encyclopedia
Lady Bird é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Greta Gerwig. Está protagonizado por Saoirse Ronan, Laurie Metcalf, Tracy Letts, Lucas Hedges, Timothée Chalamet, Beanie Feldstein, Stephen McKinley Henderson e Lois Smith. Ambientado en Sacramento, California, en 2002, é unha historia de crecemento e evolución persoal e a turbulenta relación da protagonista coa súa nai.
Lady Bird | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lady Bird |
Director | Greta Gerwig |
Produtor |
|
Guión | Greta Gerwig |
Intérpretes |
|
Música | Jon Brion |
Fotografía | Sam Levy |
Montaxe | Nick Houy |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Telluride: 1 de setembro de 2017 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia e drama |
Orzamento | $10 000 000[1] |
Recadación | $76 900 000[2] |
Na rede | |
http://ladybird.movie/ | |
|
Lady Bird estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 1 de setembro de 2017, e foi estreado nos Estados Unidos o 3 de novembro de 2017 por A24. A crítica louvou o guión, a dirección e as interpretacións de Ronan e Metcalf. Tivo unha recadación de máis de $76 millóns sobre un orzamento de $10 millóns.
O filme foi amplamente aclamado pola crítica,[3] e foi escollido polas revistas National Board of Review, o American Film Institute e Time como un dos mellores dez filmes do ano.[4][5][6] Na 90ª edición dos Óscar, tivo cinco nomeamentos nas categorías de mellor filme, mellor actriz (para Ronan), mellor actriz secundaria (para Metcalf), mellor guión orixinal e mellor director. Nos Globos de Ouro, Lady Bird gañou dous premios, mellor película - Comedia ou musical e mellor actriz – comedia ou musical (para Ronan) e foi nomeado a dous máis. Tamén foi nomeado a tres premios BAFTA.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.