La La Land (filme)
filme de 2016 de Damien Chazelle From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
La La Land é un filme musical estadounidense de 2016, dirixido e escrito por Damien Chazelle. O filme é unha versión moderna do musical hollywoodense do mesmo nome. Ryan Gosling, como protagonista, interpreta a Sebastian, un pianista de jazz que se namora de Mia, unha aspirante a actriz nos Ánxeles, interpretada por Emma Stone. Foi lanzada nos Estados Unidos o 9 de decembro de 2016 por Summit Entertainment.[2][3] O elenco inclúe tamén a J. K. Simmons, Finn Wittrock, John Legend e Rosemarie DeWitt. O filme tivo a súa estrea mundial na 73° edición do Festival de Venecia, que se levou a cabo do 31 de agosto ao 10 de setembro de 2016.[4]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La La Land.
Remove ads
A película foi eloxiada polo público e a critíca, sendo nomeada a varios premios destacando os Globos de Ouro onde gañou as 7 categorías ás que estaba nomeada (mellor filme - comedia ou musical, director, actor e actriz de comedia ou musical, guión, banda sonora e canción orixinal), converténdoa na película máis premiada da historia do Globo de Ouro, superando Alguén voou sobre o niño do cuco que levara 6 premios en 1975.[5] O 24 de xaneiro de 2017 foi nomeada a 14 premios Oscar, igualando a Titanic e Todo sobre Eva[6].
Estreouse en galego o 3 de marzo de 2025 a través da TVG.[7]
Remove ads
Sinopse
Mia (Emma Stone) é unha moza que mora nos Ánxeles; é unha das moitas aspirantes a ser actriz na procura do soño hollywoodiense, gaña a vida choiando coma camareira mentres se presenta a varias de probas de casting. Sebastian (Ryan Gosling) é un pianista que traballa en bares de má morte e o seu soño é poder ter o seu propio club onde se lle poida render tributo ao jazz máis puro.
Os destinos de Mia e Sebastian cruzaranse e a parella descubrirá o amor, un vínculo que porá en perigo as aspiracións de ambos os dous. Nunha competición constante por procurar un oco no mundo do espectáculo, a parella descubrirá que o equilibrio entre o amor e a arte pode ser o maior obstáculo de todos.
Remove ads
Elenco


- Ryan Gosling como Sebastian Wilder
- Emma Stone como Mia Dolan
- J.K. Simmons como Bill
- Finn Wittrock como Greg Earnest
- Sonoya Mizuno como Caitlin
- Jessica Rothe como Alexis
- Callie Hernandez como Tracie
- Jason Fuchs como Carlo
- Rosemarie DeWitt como Laura Wilder
- John Legend como Keith
- Meagan Fay como nai de Mia
- Tom Everett Scott como David
- Damon Gupton como Harry
- Josh Pence como Josh
- Anna Chazelle como Sarah
Remove ads
Produción

O proxecto foi anunciado por vez primeira o 5 de xuño de 2014, cando se informou que Miles Teller e Emma Watson estaban en conversacións para se unir ao filme de comedia musical La La Land co director-guionista de Whiplash, Damien Chazelle, que tamén dirixiu a película baseada no seu propio guión. Jordan Horowitz fixouse para producir a película por medio de Gilbert Films, e Fred Berger pola súa propia produtora Impostor Pictures, mentres que Lionsgate se ocuparía da distribución interna do filme. Justin Hurwitz reuniuse co director para compor a música do filme.
O 14 de abril de 2015, anunciouse que Ryan Gosling e Emma Stone estaban en conversacións para se uniren ao filme nos papeis principais, mentres que se revelou que o guión fora escrito antes da película Whiplash.[8] O 30 de abril, ambos os dous actores, Gosling e Stone foron confirmados para os papeis principais. O 8 de xullo de 2015, informouse que Jessica Rothenberg, Sonoya Mizuno e Callie Hernández se engadiran á película para interpretar os compañeiros da personaxe de Stone. O 10 de xullo de 2015, The Hollywood Reporter confirmou que J. K. Simmons asinara para se reunir co seu director de Whiplash, na película musical interpretaría o papel de "Boss". O mesmo día, THR tamén informou que Finn Wittrock se unira á película para interpretar o papel de Greg, mentres que os produtores da película serían Berger, Gary Gilbert, Horowitz e Marc E. Platt. O 4 de agosto de 2015, Rosemarie DeWitt asinou un contrato para protagonizar a película interpretando a irmá de Sebastian. O mesmo día, John Legend tamén se uniu ao elenco. O 10 de agosto de 2015, Meagen Fay uniuse á película para interpretar a nai da personaxe de Stone. O 11 de agosto de 2015, Jason Fuchs asinou para interpretar a Carlo, un guionista que impacta no carácter da actriz de Stone.
Finalmente, o resto do elenco da película; J. K. Simmons, Sonoya Mizuno, Jessica Rothe, Callie Hernández, Finn Wittrock, Rosemarie DeWitt, Tom Everett Scott, Josh Pence e John Legend déronse a coñecer entre xullo e agosto de 2015.
Rodaxe
A rodaxe do filme comezou o 10 de agosto de 2015, nos Ánxeles.[9][10] Máis tarde, Gosling e Stone foron vistos no set durante a rodaxe.[11]
O guionista e director, Chazelle, quería que se rodase nos Ánxeles mesmo, e comentou que "hai algo moi poético sobre esta cidade, unha cidade construída por persoas con estes soños poucos realistas". Desde o principio, Chazelle quería que no filme aparecesen diferentes números musicais utilizando diversos estilos. A rodaxe principal da película comezou nos Ánxeles o 10 de agosto de 2015, e continuou en máis de 60 localizacións da cidade.
Remove ads
Música
Remove ads
Estrea
La La Land tivo a súa estrea mundial na inauguración do Festival Internacional de Cine de Venecia, o 31 de agosto de 2016.[12][13] A película tamén tivo unha exhibición no Festival de Cine de Telluride, no Festival Internacional de Cine de Toronto o 12 de setembro de 2016, no Festival de Cine de Londres, o Festival de Cine de Middleburg a finais de outubro de 2016, o Festival de Cine de Virxinia celebrado na Universidade de Virxinia o 6 de novembro de 2016, AFI Fest o 15 de novembro de 2016.[14][15][16][17]
A película foi fixada inicialmente para unha estrea do 15 de xullo de 2016; con todo, en marzo de 2016 anunciouse que a película se estrearía en todo o país o 16 de decembro.[18][19] Chazelle admite que o cambio foi porque sentía que a data de lanzamento non era a correcta para o contexto da película.[20][21][22]
Remove ads
Recepción
Recadación
Dende o 11 de decembro de 2016, La La Land recadou 881 104 dólares nos Estados Unidos e o Canadá e 4,8 millóns noutros territorios, cun total mundial de 5,5 millóns de dólares, contra un orzamento de produción de 30 millóns de dólares.[23]
La La Land comezou a súa estrea en salas cunha versión limitada en cinco cines nos Ánxeles e Nova York o 9 de decembro. Gañou $881 104 dólares na súa primeira fin de semana, dando á película unha media por cine de 176 221 dólares, a mellor media do ano.[24][25][26]
Recepción crítica
La La Land foi recibida con eloxios da crítica, con eloxios dirixidos ao guión e á dirección de Chazelle, ás actuacións de Gosling e Stone, á partitura musical de Hurwitz e aos números musicais da película.[27][28][29][30] O sitio web de comentarios Rotten Tomatoes dá á película unha cualificación de aprobación do 95%, baseada en 135 revisións, cunha cualificación media de 8.7/10. O consenso crítico do sitio di, "La La Land dá unha nova vida nun xénero pasado coa dirección emocionante, asegurada, funcionamentos de grande alcance, e un irresistíbel excedente do corazón."[31] En Metacritic, que asigna unha cualificación normalizada, o filme ten unha puntuación de 91 sobre 100, baseado en 39 revisións, o que indica "aclamación universal".[32]
Peter Travers de Rolling Stone dixo que La La Land era o seu filme favorito de 2016. Peter Bradshaw, de The Guardian, outorgou á película cinco de cinco estrelas, describíndoa como "unha obra mestra soprada polo sol".[33]
Remove ads
Premios Oscar
O 24 de xaneiro de 2017 foi nomeada a 14 premios Oscar, igualando a Titanic e Todo sobre Eva[6].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads