L.A. Confidential (filme)
Filme de 1997 dirixido por Curtis Hanson From Wikipedia, the free encyclopedia
Filme de 1997 dirixido por Curtis Hanson From Wikipedia, the free encyclopedia
L.A. Confidential é un filme estadounidense de suspense dirixido, producido e co-escrito por Curtis Hanson. O guión foi escrito por Hanson e Brian Helgeland e baséase na novela de James Ellroy L.A. Confidential, o terceiro da serie L.A. Quartet. Ó igual que o libro, o filme conta a historia dun grupo de policías en 1953, os asuntos da corrupción e as celebridades de Hollywood.
L.A. Confidential | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | L.A. Confidential |
Director | Curtis Hanson |
Produtor | Arnon Milchan Curtis Hanson Michael Nathanson |
Guión | Brian Helgeland Curtis Hanson |
Baseado en | L.A. Confidential de James Ellroy |
Intérpretes | Guy Pearce Russell Crowe Kevin Spacey James Cromwell David Strathairn Kim Basinger Danny DeVito |
Música | Jerry Goldsmith |
Fotografía | Dante Spinotti |
Montaxe | Peter Honess |
Estudio | Regency Enterprises |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | Cannes: 14 de maio de 1997 19 de setembro de 1997 |
Duración | 138 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $35 000 000[1] |
Recadación | $126 200 000[2] |
Na rede | |
No tempo da súa estrea, o actor australiano Guy Pearce e o neozelandés Russell Crowe eran relativamente pouco coñecidos en América do Norte, e un dos promotores do filme, Peter Dennett, estaba preocupado pola falta de estrelas coñecidas nos papeis principais. Porén, apoiou as decisións de Hanson de escoller a Kevin Spacey, Kim Basinger e Danny DeVito.
O filme recadou $126 millóns en todo o mundo e foi louvado pola crítica, conseguindo unha puntuación de 99% en Rotten Tomatoes e unha valoración de 90 sobre 100 en Metacritic. Foi nomeado a nove Premios Oscar, gañando dous: Oscar á mellor actriz secundaria para Basinger e Oscar ó mellor guión adaptado para Hanson e Helgeland; perdeu cada unha das outras categorías con Titanic. No 2015, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América seleccionou o filme para a súa preservación no National Film Registry, por ser "cultural, histórico ou esteticamente significativo".[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.