Kuvempu
poeta indio From Wikipedia, the free encyclopedia
Kuppali Venkatappa Puttappa, nado en Hirekodige o 29 de decembro de 1904 e finado en Mysore o 11 de novembro[1] de 1994, máis coñecido polo seu sobrenome literario Kuvempu (en kannará: ಕುವೆಂಪು) ou por K. V. Puttappa, foi un escritor, crítico literario e pensador kannará. Considerado o meirande poeta kannará do século XX. Foi o primeiro escritor kannará en recibir o premio Jnanpith.[2]
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de decembro de 1904 Hirekodige, India |
Morte | 11 de novembro de 1994 (89 anos) Mysore, India |
Educación | Universidade de Mysore Maharaja's College, Mysore Hardwick High School and College |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta, catedrático |
Pseudónimo literario | ಕುವೆಂಪು |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | Poornachandra Tejaswi |
Premios | |
| |
Sitio web | kuvempu.com |
O goberno de Karnataka concedeulle o título honorífico de Rashtrakavi ("poeta nacional") en 1958 e o de Karnataka Ratna ("xema de Karnataka") en 1992. A súa narrativa épica Sri Ramayana Darshanam, unha interpretación moderna da épica hinduísta india Ramayana, está considerado como o rexurdimento do xénero Mahakavya nunmha forma contemporánea. A letra do himno oficial de Karnataka Jaya Bharata Jananiya Tanujate é un dos seus poemas.
Traxectoria

Primeiros anos
Kuvempu naceu no distrito de Chikmagalur na casta vokkaliga, seu pai chamábase Venkatappa Gowda e súa nai Seethamma. De rapaz viviu coa súa familia no distrito de Shivamogga. Ao primeiro recibiu educación na súa casa cun profesor particular e logo foi continuou estudos en Tirthahalli mais en Mysore. En 1929 graduouse en kannará na Universidade de Mysore. Casou o 30 de abril de 1937 e tivo dous fillos, K P Poornachandra Tejaswi, tamén escritor, e Kokilodaya Chaitra, e dúas fillas, Indukala e Tharini.
Carreira
Logo de se graduar foi lector de kannará na Universidade de Mysore en 1929 e profesor asociado na Universidade de Bangalore desde 1936. Volveu a Mysore como profesor en 1946. Foi vicechanceler[3] da Universidade de Myrose desde 1956 ata a súa xubilación en 1960.
Obra

Kuvempu comezou a escribir en inglés, publicando tan só unha colección de poesía co título de Beginner's Muse mais logo cambiou para a súa lingua materna, o kannará, encabezando o movemento para facer desa lingua o medio de ensino baixo o lema "educación na lingua materna". Fundou o instituto de estudos kannará da Universidade de Mysore co nome de Kannada Adhyayana Samsthe.
Na súa obra foi contra o sistema de castas e o ritual relixioso sen sentido. A súa versión do Ramayana publicada en dous volumes en 1949 e 1957, Sri Ramayana Darshanam, é unha recreación total, dos personaxes e das ideas filosóficas, morais e espirituais da obra orixinal, mantendo a natureza simbólica orixinal. É un dos representantes máis coñecidos da xeración Navodaya, que renovou a poesía kannará.[4] Tamén un recoñecido dramaturgo, unha das súas obras máis populares é Raktaakshi, publicada orixinalmente en 1932, é unha recreación cultural do Hamlet de Shakespeare.[5]
Épica
- Sri Ramayana Darshanam - Volume-1 (1949), Volume-2 (1957)
- Chitrangada
Poesía
- Kolalu (1930)
- Paanchajanya (1936)
- Navilu (1937)
- Kindarijogi Mattu Itara Kavanagalu (1938)
- Kogile Mattu Soviet Russia (1944)
- Shoodra Tapaswi (1946)
- Kinkini (1946)
- Agnihamsa (1946)
- Prema Kashmira (1946)
- Chandramanchake Baa Chakori (1954)
- Ikshugangotri (1957)
Novela
- Kaanuru Heggadati (1936)
- Malegalalli madumagalu (1967)
Teatro
- Birugaali (1930)
- Maharatri (1931)
- Smashana Kurushethram Mattu Maharatri (1931)
- Jalagaara (1931)
- Raktaakshi (1932)
- Shoodra Tapaswi (1944)
- Beralge koral (1947)
Autobiografía
- Nenapina Doniyali (vol 1-2, 1980)
Relatos
- Sanyaasi Mattu Itare Kategalu (1937)
- Nanna Devaru Mattu Itara Kategalu (1940)
Ensaio
- Malenaadina Chitragalu (1933)
Crítica literaria
- Atmashreegagi Nirankushamatigalagi (1944)
- Kavyavihara (1946)
- Taponandana (1951)
- Vibhuthi Pooje (1953)
- Draupadiya Shrimudi (1960)
- Vicharakrantige Ahvana (1976)
Biografía
- Swami Vivekananda(1932)
- Sri Ramakrishna Paramahamsa (1934)
Relatos e poemas infantís
- Bommanahalliya kindarijogi(1936)
- Mari vijnani(1947)
- Meghapura (1947)
- Nanna mane (1947)
- Nanna gopala
- Amalana kathe
- Sahasa pavana
- Modannana Tamma
- Narigaligeke Kodilla
- Haluru
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.