From Wikipedia, the free encyclopedia
Corasmia é unha rexión histórica situada ao sur do mar de Aral, no curso inferior do río Oxus (río Amu) parte occidental de Asia Central, entre os actuais Uzbekistán, Turkmenistán e Irán, destacando as vilas Cunia-Urguench (Kunya-Urgench) e Khiva. A palabra vén do grego Chorasmiē. Hai varias teorías sobre o seu significado: “terra rica ou nutritiva”[1] ou “terras baixas”[2] ; M. N. Bogolyubov[3], suxeriu "terra con bos prados para o gando", pero esta interpretación non atopou unha ampla aceptación.
Corasmia foi o baluarte da dinastía de Khwârazm, chamados tamén dinastía dos Corasmios[Cómpre referencia] entre 1077 e 1231.
Corasmia xurdiu na historia tras un pasado nómade durante a Idade de Bronce cando se converteu en parte da satrapía 16 do Imperio Aqueménida de Persia a finais do século VI a.C. Ciro o Grande caeu na batalla contra os masaguetas nómades arredor do ano 530 a.C. e Darío I consolidou o imperio a finais do século, momento no que Corasmia aparece na súa lista de impostos, xunto cos partos, sogdianos e arianos. A evidencia arqueolóxica amosa un cambio abrupto na cultura material neste momento. Os ex semi-nómades da cultura Andronovo foron substituídos pola nova arquitectura 'Urban', sofisticados sistemas de rego e cerámica que ten paralelos en numerosos lugares do sur de Asia Central dos séculos VII-VI d.C.
A primeira etapa histórica chámase "período arcaico" (séculos VII-VI -V-IV a.C.). Dúas vilas importantes deste período atópanse ao norte de Turcmenistán, en Kiuzeli-g'ir e Kalal'i-gir 1. Kalal'i-gir 1 había capiteis de pedra e ten unha arquitectura que reflicte a influencia persa. Na opinión dos académicos é que arredor do século V antes de Cristo quedaba pendente do control persa esta remota provincia ata a primeira parte do período seguinte, o «período antigo (século IV a. C. - século I a.C.), Corasmia foi un estado independente. Moitas fortalezas, granxas, cidades fronteirizas e polo menos dous grandes sitios 'urbanos' dátanse deste período incluíndo os sitios de Kazakl'i-yatkan e Tashk'irman-Tepe.
Polo S. II d.C., Corasmia caeu baixo a influencia, cando non no dominio directo , do Imperio Cuxano (ou Kushan). O corazón do Imperio residía ao noroeste da India, pero a extensión do seu control e influencia fixéronmos donos dunha cuarta parte do mundo coñecido, xunto cos romanos, os partos e os chineses. A magnífica vila corasmia de Toprak-Kala reflicte o esplendor destes tempos. A súa arquitectura, a escultura e pinturas murais son totalmente diferentes de calquera cousa que lles precedesen. O "período cuxano en Corasmia durou ata o século IV d. C., cando os hunos comezaron a desprazarse cara a Asia Central.
O corasmio, é a lingua irania orixinaria de Corasmia, está atestada en dúas etapas do seu desenvolvemento. O antigo corasmio foi escrito nunha escrita propia derivada do arameo, traída á rexión pola administración do Imperio Aqueménida.
Coñécese a través de inscricións de moedas e documentos sobre madeira e pergamiños dende finais do século II a. C.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.