Khanato

palabra de orixe turca-mongol utilizada para describir unha entidade política gobernada por un khan. From Wikipedia, the free encyclopedia

Khanato[1][2] é unha palabra de orixe turca-mongol utilizada para describir unha entidade política gobernada por un khan.

En turco moderno, a palabra que se usa é kağanlık, e no azerí moderno da República de Azerbaidján, xanlıq. En Mongolia utilízase a palabra khanlig, como en Khereidiin Khanlig, que significa khanato de Kerait.

Esta entidade política é típica dos pobos da estepa de Eurasia e pode ser equivalente a outros termos tribais como cacicado, principado ou reino.

Os khanatos foron ás veces reagrupados en khaganatos, unha especie de Imperio baixo a autoridade dun khan soberano, khan de khanes, coñecido en galego como Gran Khan ou khagán (turco: kağan; mongol: хаган).

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.