From Wikipedia, the free encyclopedia
Kent Ridge 1 é un satélite artificial da Universidade Nacional de Singapur lanzado o 16 de decembro de 2015 mediante un foguete PSLV-CA desde o Centro Espacial Satish Dhawan.[1][2][3][4]
Kent Ridge 1 | |
---|---|
Organización | Universidade Nacional de Singapur |
Data de lanzamento | 16 de decembro de 2015[1][2] |
Foguete portador | PSLV-CA[2][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial Satish Dhawan[2][3][4] |
Obxectivo da misión | Observación terrestre.[2][3][4] |
NSSDC ID | 2015-077B |
Masa | 123 kg[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6908 km[1] |
Inclinación | 15,0°[1] |
Apoapse | 544,8 km[1] |
Periapse | 530,2 km[1] |
Kent Ridge 1 é un satélite para a observación da Terra en modo hiperespectral desenvolvido pola Universidade Nacional de Singapur en colaboración con Berlin Space Technologies. Ten unha masa de 78 kg e usa o bus LEOS-50. O satélite pode obter imaxes no rango visible e no infravermello, no rango entre 400 e 900 nanómetros e entre 900 e 1700 nm, co fin de xestionar a terra, a auga e a vexetación, así como monitorizar en caso de desastre.[1][3][4]
O satélite aliméntase mediante células solares e leva tres cargas a bordo: dúas cámaras hiperespectrais baseadas na transformada de Fourier e unha cámara de vídeo de alta resolución.[1][3][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.