From Wikipedia, the free encyclopedia
O Xacobeo Galicia foi un equipo de ciclismo galego que participou no Circuíto Continental Profesional. O seu código da UCI foi XAG[Cómpre referencia], e desapareceu en setembro de 2010.
Xacobeo Galicia | ||
Información do equipo | ||
---|---|---|
Código UCI | XAG | |
País | Galicia | |
Fundación | 2007 | |
Disolución | 2010 | |
Disciplina | Ciclismo | |
Categoría | Profesional Continental | |
Dirección | ||
Xerente | Pedro Alfaro | |
Director | Álvaro Pino | |
Director deportivo | Xesús Blanco Villar | |
Director deportivo | José Ángel Vidal | |
Denominacións | ||
2007-2008 2008-2010 |
Karpin Galicia Xacobeo Galicia | |
|
Creouse en 2007 coa denominación de Karpin Galicia (código da UCI KGZ) e foi no seu momento o primeiro equipo ciclista profesional galego. Estivo nas súas orixes patrocinado polo exfutbolista e empresario Valery Karpin, inmerso en promocións deportivas, xa que tamén apoiaba o equipo de voleibol da cidade de Vigo, o C.V. Vigo Valery Karpin.
A primeira vitoria do equipo galego de ciclismo chegou en xullo de 2007, no Trofeo Joquim Agostinho - GP Torres Vedras da man de Eladio Jiménez. A primeira vitoria na clasificación xeral dunha volta por etapas foi na Volta a Turquía, da man de David García[1].
En agosto de 2008 mudou a súa denominación a Xacobeo Galicia, logo de que se retirase o principal patrocinador e fose substituído polo Xacobeo[2]. Nese mesmo final de tempada, o mesmo David García conseguía a primeira vitoria do equipo nunha tirada da Vuelta a España ao impoñerse na décimo quinta, con chegada en Ponferrada.
En setembro de 2009 logrou a vitoria por equipos na Vuelta a España, ademais dunha etapa de Gustavo César Veloso, o 5º posto na xeral de Ezequiel Mosquera e a vitoria xeral do Maillot Solidario de Serafín Martínez Acevedo. En setembro de 2010, acadou o 2º posto na xeral da mesma proba con Ezequiel Mosquera.
Con todo, o equipo atravesou en 2010 grandes dificultades económicas pola perda dos patrocinadores e o cambio de goberno da Xunta: o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, anunciou a retirada do patrocinio do Ano Xacobeo e as infrutuosas negociacións co grupo empresarial Aluminios Cortizo[3] levaron á desaparición do equipo, que non puido achegar os avais requiridos pola UCI para o seu rexistro no circuíto continental. Co cal o Xacobeo Galicia malia a que tiña compromisos adquiridos para o 2011 correu a mesma sorte que a Selección galega de fútbol coa chegada do Partido Popular ao Goberno Galego.
O seu director deportivo é o ex-corredor Álvaro Pino que xa dirixira o Kelme-Costa Blanca e o Phonak, axudado por Xesús Blanco Villar e José Ángel Vidal. O seu preparador é Rodrigo Rodríguez.
UCI ProTour
Datas | Carreiras | Gañador |
Circuíto Continental
Datas | Carreiras | Gañador | |
13 de xullo | 2ª etapa Grand Prix Torre Vedras | Eladio Jiménez | |
11 de agosto | 6ª etapa Portugal-Rundfahrt | Eladio Jiménez | |
14 de agosto | 9ª etapa Portugal-Rundfahrt | Eladio Jiménez |
Grandes Voltas (e carreiras fora do ProTour)
Datas | Carreiras | Gañador |
- | - | - |
UCI ProTour
Datas | Carreiras | Gañador |
9 de abril | 3ª etapa da Vuelta al País Vasco | David Herrero |
25 de maio | Xeral da Volta a Cataluña | Gustavo César Veloso |
Circuíto Continental
Datas | Carreiras | Gañador |
20 de abril | Xeral do Tour de Turquía | David García |
10 de maio | 1ª etapa da Clásica de Alcobendas | Ezequiel Mosquera |
11 de maio | Xeral da Clásica de Alcobendas | Ezequiel Mosquera |
Nome | Nacemento | Nacionalidade | Equipo 2006 |
David Abal Diego | 25.08.1986 | Galicia | (debuta como profesional) |
Carlos Castaño Panadero | 07.05.1979 | España | Kaiku |
Gustavo Domínguez | 17.10.1980 | España | Orbea |
Luís Fernández Oliveira | 19.01.1980 | Galicia | Phonak |
David García | 30.09.1977 | Galicia | (debuta como profesional) |
Santos González | 17.12.1973 | España | 3 Molinos - Resort |
David Herrero | 18.10.1979 | España | Euskaltel-Euskadi |
Eladio Jiménez | 10.03.1976 | España | Comunitat Valenciana |
Gaizka Lasa | 01.07.1982 | España | (debuta como profesional) |
Serafín Martínez | 14.02.1984 | Galicia | (debuta como profesional) |
Ezequiel Mosquera | 19.11.1975 | Galicia | Comunitat Valenciana |
Xoán Mourón | 06.02.1984 | Galicia | (debuta como profesional) |
Isidro Nozal | 18.10.1977 | España | Liberty Seguros |
Gonzalo Rabuñal | 01.08.1984 | Galicia | (debuta como profesional) |
Enrique Salgueiro | 04.06.1982 | Galicia | Spiuk |
Marcos Serrano | 08.09.1972 | Galicia | Liberty Seguros |
Ramón Troncoso Sobrino | 26.05.1981 | Galicia | (debuta como profesional) |
Gustavo César Veloso | 29.01.1980 | Galicia | Kaiku |
Eduard Vorganov | 01.12.1982 | Rusia | Dinamo Moscova |
Nome | Nacemento | Nacionalidade | Equipo 2008 |
David Abal Diego | 25.08.1986 | Galicia | Karpin Galicia |
Carlos Castaño Panadero | 07.05.1979 | España | Karpin Galicia |
Xesús Cobelo | - | Galicia | debuta como profesional |
Gustavo Domínguez | 17.10.1980 | España | Karpin Galicia |
Delio Fernández | - | Galicia | debuta como profesional |
Alberto Fernández Sainz | - | España | debuta como profesional |
David García Dapena | 30.09.1977 | Galicia | Karpin Galicia |
David Herrero | 18.10.1979 | España | Karpin Galicia |
Vladimir Isaichev | - | Rusia | debuta como profesional |
Serafín Martínez | 14.02.1984 | Galicia | Karpin Galicia |
Iban Mayoz | 30.09.1981 | País Vasco | Euskaltel-Euskadi |
Ezequiel Mosquera | 19.11.1975 | Galicia | Karpin Galicia |
Xoán Mourón | 06.02.1984 | Galicia | Karpin Galicia |
Alexandre Paleo | - | Galicia | debuta como profesional |
Gonzalo Rabuñal | 01.08.1984 | Galicia | Karpin Galicia |
Ramón Troncoso Sobrino | 26.05.1981 | Galicia | Karpin Galicia |
Gustavo César Veloso | 29.01.1980 | Galicia | Karpin Galicia |
Eduard Vorganov | 01.12.1982 | Rusia | Karpin Galicia |
Nome | Nacemento | Nacionalidade | Equipo 2007 |
Carlos Castaño Panadero | 07.05.1979 | España | Xacobeo Galicia |
Gustavo Domínguez | 17.10.1980 | España | Xacobeo Galicia |
Alberto Fernández Sainz | - | España | Xacobeo Galicia |
David García | 30.09.1977 | Galicia | Xacobeo Galicia |
David Herrero | 18.10.1979 | España | Xacobeo Galicia |
Vladimir Isaichev | - | Rusia | Xacobeo Galicia |
Serafín Martínez | 14.02.1984 | Galicia | Xacobeo Galicia |
Iban Mayoz | 30.09.1981 | País Vasco | Xacobeo Galicia |
Ezequiel Mosquera | 19.11.1975 | Galicia | Xacobeo Galicia |
Xoán Mourón | 06.02.1984 | Galicia | Xacobeo Galicia |
Alexandre Paleo | - | Galicia | Xacobeo Galicia |
Gonzalo Rabuñal | 01.08.1984 | Galicia | Xacobeo Galicia |
Ramón Troncoso Sobrino | 26.05.1981 | Galicia | Xacobeo Galicia |
Gustavo César Veloso | 29.01.1980 | Galicia | Xacobeo Galicia |
Eduard Vorganov | 01.12.1982 | Rusia | Xacobeo Galicia |
Pedro Fernández | Galicia | Loulé | |
Marcos García | España | debuta como profesional | |
Héctor Espasandín | Galicia | Caja Rural | |
Iván Raña | 10.06.1979 | Galicia | debuta como profesional |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.