From Wikipedia, the free encyclopedia
Kaiōsama (界王 Rei do mundo?) é un rango da serie de Dragon Ball. Son catro deidades de alto nivel que presiden sobre un cuadrante da galaxia, e un quinto, Dai Kaiō, que os supervisa. Os Kaiō son os responsábeis polos deuses que se encargan de cada planeta, como Kamisama. Cada Kaiō ten o seu planeta que se atopa no Outro Mundo. Á parte deles existen outros seres superiores que os supervisan a eles, os Kaiōshin.
O Dai Kaiō (大界王?) é o Kaiōsama de maior rango do outro mundo e o que se encarga de vixiar ós demais Kaiō. A súa aparencia é a dun ancián con barba longa e cana, remarcada por uns lentes escuros que nunca quita. Conta co seu propio planeta, o Planeta do Dai Kaiō.
Nunca aparece no manga, aínda que é mencionado na historia. Só o fai no anime, onde aparece por primeira vez durante o torneo de artes marciais do Outro Mundo organizado en honra á morte do Kaiō do norte. Neste torneo non participa, pero durante unha carreira entre o Kaiō do leste e Son Goku, demostra ser máis rápido que estes dous, aínda que despois preocúpase ó saber que deberá adestrar ó gañador da pelexa entre Goku e Paikuhan.
Kaiōsama do norte (北の界王 Kita no Kaiō?), é o encargado do goberno da parte norte da Galaxia, onde se atopa a Terra.
O Kaiō do sur (南の界王 Minami no Kaiō?) é o único Kaiōsama, xunto co Kaiō do norte, en aparecer no manga. A galaxia que debe vixiar caracterízase por ser pacífica, polo que non se dan loitadores moi fortes nesa zona. Ten un aspecto algo diferente ó dos demais Kaio, é máis alto e ten unha vestimenta rosada.
O Kaiō do leste (東の界王 Higashi no Kaiō?), só aparece no anime e é a única integrante feminina de tódolos Kaiō. Gosta dos retos e de adestrar duramente ós seus discípulos, que destacan por ser guerreiros moi veloces, sendo o exemplo máis claro Globe. Aparece no anime durante o torneo de artes marciais do outro mundo.
O Kaiō do oeste (西の界王 Nishi no Kaiō?) é o rival do Kaiō do norte no anime e fai presenza durante o torneo de artes marciais do outro mundo organizado pola morte do Kaiō do norte. Pasa a maior parte do tempo burlándose do seu rival e presumindo do seu mellor discípulo, Paikuhan, fronte ós outros Kaiō.
Tamén coñecidos como Os Supremos Kaiōsama Á parte dos Kaiō, os Kaiō Shin (界王神 Deus rei do mundo?), xerarquicamente superiores a calquera Deus do universo, rexían ós Kaiō, aínda que sen cuestionar as súas decisións, e ó igual que estes eran cinco, catro por cada punto cardinal e un "Dai" por riba deles, segundo o Kaiō Shin do leste, todos tiñan a forza suficiente para vencer a alguén como Freezer dun golpe.
O Dai Kaiō Shin (大界王神?) é o líder de tódolos Kaiō Shin. Dai Kaiō Shin estaba moi gordo e tiña un corazón puro. Fai 5 millóns de anos, durante a súa pelexa contra Majin Boo foi absorbido e pasou a formar parte de Majin Boo. Foi o segundo Kaiō Shin en ser absorbido por Majin Boo o cal cambiou de aparencia de ser un coloso (por ter absorbido ó Kaiō Shin do sur) a un obeso Majin Boo. Adquiriu poderes de Dai Kaiō Shin pero a súa potencia diminuíu ata equipararse ó seu orixinal e perdeu resistencia. Pero o máis importante é que ó asimilar a bondade do Dai Kaiō Shin volveuse máis tranquilo e manipulable por Bibidi.
O Kaiō Shin do norte (北の界王神 Kita no Kaiō Shin?) é outro dos Kaiō Shin que loitou contra Majin Boo, este tamén foi asasinado polo Majin Boo de fai cinco millóns de anos (foi o segundo en caer). Non se sabe que lugar na escala de poder ocupaba entre os Kaiō Shin, pero si que manexaba como arma principal unha espada.
O Kaiō Shin do sur (南の界王神 Minami no Kaiō Shin?) foi o máis forte entre os Kaiō Shin, foi absorbido por Majin Boo puro fai cinco millóns de anos volvéndose un coloso cunha potencia descomunal.
A Kaiō Shin do oeste (西の界王神 Nishi no Kaiō Shin?) é la única compoñente feminina no grupo dos Kaiō Shin que existiu fai cinco millóns de anos. Foi a primeira en morrer na batalla librada contra Majin Boo por tódolos Kaiō Shin por aquel entón.
Rō Kaiō Shin (老界王神?) é a fusión dun aposto Kaiōshin de fai 15 xeracións e unha vella bruxa que lle quitou ó primeiro un dos seus Pendentes Potara e púxoo sen saber as consecuencias que iso traería. A fusión deulle ó Rō Kaiō Shin o aspecto dun ancián pero obtivo unha gran variedade de dons e habilidades máxicas. Foi encerrado na Espada Z por un ser malvado que temía os seus poderes ata que Son Gohanda a quebrou e puido saír.
A súa personalidade lembra por momentos á do Mestre Mutenroi, por tratarse dun vello verde pero sumamente sabio. Posúe grandes poderes mentais, entre os que destaca o de extraer todo o potencial oculto dun guerreiro ata convertelo nun ser moito máis poderoso.
Tras ser atacado por Son Goku (para probar o seu poder) enfádase, e Goku ten que ofrecerlle unha cita con Bulma, tras isto emprega o seu poder sobre Gohan, que, tras 25 horas (5 de ritual e 20 de aumento de forza) fai que alcance o estado místico obtendo un poder superior a un mega guerreiro, sendo o personaxe máis poderoso (sen fusións) de todo Dragon Ball Z. Máis tarde, ante o fracaso de Gohan fronte a Majin Boo (que absorbera a Songotoranks e a Piccoro), regalaríalle a Goku os seus pendentes Potara e a súa vida, para que este viaxase á Terra. Durante a loita co Majin Boo orixinal, trasladouse xunto a Kibitoshin e Dende a outro planeta. Volvendo á vida polo desexo pedido a Polunga en Namek.
En Dragon Ball GT, ante o fracaso de Goku ante Bebé, decide que para derrotar ó Tsufur era necesario facer crecer a cola de Goku, para que este puidese incrementar os seus poderes en estado Ōzaru Dourado, como un paso para converterse en Super Saiyajin 4. Finalmente conseguiuno por medio dunhas pinzas enormes e moito esforzo. Despois rifou severamente a todos (sobre todo a Bulma) polo abuso desmedido das Bólas do Dragón, aducindo que en realidade debían ser utilizadas cunha diferenza de 100 anos entre cada invocación a Shenron, ou do contrario estas acumularían enerxía negativa que tarde ou cedo levaría ó nacemento dos Dragóns Escuros e con iso, a destrución do planeta onde se utilizasen.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.