club de baloncesto de Vršac (Serbia) From Wikipedia, the free encyclopedia
O Košarkaški Klub Vršac (en serbio: Кошаркашки клуб Вршац) é un club de baloncesto profesional da cidade de Vršac, Voivodina (Serbia). Compite na KLS serbia. O club posúe tamén unha sección feminina, que tamén compite na máxima categoría nacional. O seu pavillón é o Millennium Center, que conta con capacidade para 5.000 espectadores.[1] O único título conseguido polo club até o momento foi unha Liga do Adriático en 2005. Durante súa maior época de esplendor, o club foi coñecido por motivos de patrocinio co nome de KK Hemofarm.
KK Vršac | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Košarkaški Klub Vršac Кошаркашки клуб Вршац |
Liga | KLS |
Fundación | 1946 |
Historia | KK Hemofarm (1992–2012) |
Cores | Granate, branco |
Presidente | Vladan Majstorović |
Adestrador | Siniša Matić |
Localización | |
Cidade | Vršac, Serbia |
Pavillón | Millennium Center |
Capacidade | 4 400 |
Inauguración | 5 de abril de 2001 |
Campionatos | |
ABA Liga | 1 (2005) |
kls.rs/kk-vrsac |
O club naceu en 1946 baixo o nome de "Jedinstvo", mais non conseguiu competir nas máximas competicións nacionais (nivel nacional iugoslavo) até 1959, cun nome diferente: "Mladost". Por motivos de patrocinio o club troca o seu nome polo de "Inex Brixol" en 1967, e "Agropanonija" en 1968. En 1977 o club pasa a competir baixo o nome da cidade "Vršac". Iso será até 1981, cando por mor dun novo patrocinio con "Inex Hemofarm, o nome do club troca polo de "Inex Vršac".
En 1982, o club participa por primeira vez na Liga de Voivodina, e na tempada 1986-87 ascende á "B-League" logo de acadar a primeira praza nesa competición. En 1992, o grupo Hemofarm convértese no principal patrocinador, e en 1998 o club finaliza no primeiro lugar da "B-League", ascendendo á YUBA Liga, a máxima categoría nacional. No ano 2000 o club finaliza na cuarta praza na liga e consegue polo tanto unha praza para disputar a Copa Korać na tempada seguinte.
No 2005 chegou o primeiro, e até o de agora único título importante do club, ao proclamarse campión da Liga do Adriático tras gañar na final ao KK Partizan por 89 a 76, e tendo finalizado tamén a liga regular ese ano na primeira posición, cun balance de 22 vitorias e 8 derrotas. O Hemofarm disputou novamente a final da Liga do Adriático na tempada 2007-08, perdéndoa fronte ao Partizan por 69 a 51.
O Millennium Center (ou Millennium Hall) é un pavillón deportivo é un centro de negocios situado na cidade de Vršac, e que acolle os partidos como local do Hemofarm. O Millennium Center acolleu tamén algúns encontros do Eurobasket 2005 durante o mes de setembro, concretamente do grupo A da fase preliminar onde se enfrontaron as seleccións de Rusia, Alemaña, Italia e Ucraína. A súa capacidade é de 5.000 espectadores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.