Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Justin Portal Welby, nado en Londres o 6 de xaneiro de 1956, é un bispo da Igrexa de Inglaterra, 105º Arcebispo de Canterbury e Primado de dita Igrexa e, de xeito honorífico, da Comuñón Anglicana. Anteriormente foi bispo de Durham, durante un ano.[1]
Anteriormente Welby traballou na industria petroleira. En 1989 preparouse para a súa ordenación no St John's College de Durham. Logo de exercer en varias parroquias foi nomeado deán de Liverpool en 2007, e posteriormente Bispo de Durham en 2011.
A súa postura teolóxica é considerada seguidora da tradición evanxélica dentro do anglicanismo.[2] Algunhas das súas publicacións tratan sobre as relacións entre as finanzas e a relixión e, como membro da Cámara dos Lores, pertence á comisión parlamentaria sobre normativa bancaria.
Welby naceu en Londres. Era fillo de Gavin Bramhall James Welby, nado como Bernard Gavin Weiler en Ruislip (Londres Occidental) en 1910 e finado en 1977.[3][4] A súa nai era Jane Gillian Portal. O avó paterno de Welby era un xudeu alemán.[4][5]
Welby traballou duranter once anos na industria petroleira, cinco deles na empresa francesa Elf Aquitaine, con base en París. En 1984 foi nomeado teroreiro do grupo petroleiro Enterprise Oil PLC en Londres, onde adicouse principalmente a proxectos no África Occidental e no Mar do Norte. Deixou o seu cargo en 1989 aducindo que sentira a chamada de Deus para ser crego.[6]
Welby foi inicialmente rexeitado para a ordenación polo bispo de Kensington, John Hughes, que díxolle:
"Non hai lugar para ti na Igrexa de Inglaterra."[7]
Welby foi máis tarde aceptado para a ordenación sacerdotal co apoio do Vigairo de Holy Trinity Brompton, Sandy Millar. Dende 1989 a 1992, Welby estudou teoloxía e preparouse para o presbiterado en Cranmer Hall e St John's College, Durham. Logo da súa ordenación ocupou diversos cargos, até que en decembro de 2007 foi nomeado deán da Catedral de Liverpool.
Entrevistado pola BBC en 2011, Welby dixo que ser nomeado como Bispo de Durham era un reto e un privilexio moi grandes:
“Deixoume asombrado que me ofreceran o cargo. Teño un desexo apaixonado de ver unha igrexa chea con forza de vida espiritual, servindo a Xesús Cristo e servindo a aqueles arredor dela.”[8]
A súa elección foi confirmada o 29 de setembro de 2011 e deixou a Catedral de Liverpool o 2 de outubro. Foi consagrado como bispo o 28 de outubro de 2011 en York Minster,[9] e foi entronizado na Catedral de Durham o 26 de novembro de dito ano. Entrou á Cámara dos Lores o 12 de xaneiro de 2012,[10] sentando na bancada dos Lores Espirituais. Uniuse á comisión parlamentaria sobre normativa bancaria en 2012.
O 9 de novembro de 2012 anunciouse o nomeamento de Welby para o cargo de Arcebispo de Canterbury. En xaneiro de 2013 Welby declarou que pensara que era "unha broma" e algo "totalmente absurdo" que el fora nomeado para o posto, xa que levaba a ser bispo moi pouco tempo.[11] A cerimonia de confirmación da súa elección á Sé de Canterbury tivo lugar na Catedral de San Paulo o 4 de febreiro de 2013. Foi entronizado na Catedral de Canterbury o 21 de marzo de 2013,[12] observancia de Thomas Cranmer no Calendario litúrxico da Igrexa de Inglaterra.[13]
Welby está a favor da posibilidade de consagrar mulleres como bispos.[14] Logo do rexeitamento desta posibilidade polo Sínodo Xeral da Igrexa de Inglaterra en novembro de 2012, Welby falou dun "día moi triste, especialmente para as mulleres sacerdote e para os seus seguidores".[14] Co seu discurso ao Sínodo Xeral anglicano en xullo de 2013, o arcebispo afirmou que nun tempo a Igrexa de Inglaterra ía ordenar mulleres bispo, malia a decisión sinodal de 2012.[15][16]
En marzo de 2013, Welby afirmou que, segundo o seu punto de vista sobre a moral sexual, as relacións sexuais previas ao matrimonio non son correctas.[17][18] Máis adiante reiterou o seu punto de vista, engadindo que:
Abandonar o ideal simplemente porque é difícil de alcanzar e ridículo.[19]
Títulos relixiosos | ||
---|---|---|
Predecesor: Nicholas Thomas Wright |
Bispo de Durham 2011 - 2013 |
Sucesor: (sé vacante) |
Predecesor: Rowan Williams |
Arcebispo de Canterbury 2013 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.