Remove ads
avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Julio Manuel Rodríguez Soto, nado en Maside o 17 de marzo de 1880 e finado en Lisboa o 9 de xullo de 1931[1], foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1880 Maside, España |
Morte | 9 de xullo de 1931 (51 anos) Lisboa, Portugal |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 | |
Presidente da Deputación de Ourense | |
1926 – 1929 | |
Alcalde de Maside | |
1916 – 1920 | |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Fillo de José Rodríguez Vázquez, notario en Ribadavia e Francisca Soto, mestra de Maside. Licenciado en Dereito, abriu bufete no Carballiño. Foi alcalde de Maside nos anos dez. Durante a ditadura de Primo de Rivera colaborou con José Calvo Sotelo, sendo o seu home de confianza na comarca do Carballiño. Foi nomeado deputado provincial en 1924 e elixido presidente da Deputación de Ourense o 9 de novembro de 1926. Foi membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante das Deputacións provinciais (1927-1930). Dimitiu como presidente da Deputación en xaneiro de 1929. Despois foi nomeado Inspector xeral de Petróleos. Coa proclamación da Segunda República exiliouse en Portugal, morrendo en Lisboa en xullo de 1931, con 51 anos.
Unha rúa do Carballiño leva o seu nome na súa honra.
Predecesor: ? |
Alcalde de Maside 1916 - 1920 |
Sucesor: ? |
Predecesor: Celso Casar Blanco |
Presidente da deputación de Ourense 1926 - 1929 |
Sucesor: Aureliano Ferreiro Carballo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.