astronauta canadense e gobernadora xeral do Canadá From Wikipedia, the free encyclopedia
Julie Payette, nada o 20 de outubro de 1963, é unha enxeñeira e astronauta canadense, que serviu como gobernadora xeral do Canadá entre 2017 e 2021. Payette completou dous voos espaciais, o STS-96 e STS-127, rexistrando máis de 25 días no espazo. Serviu como astronauta xefe para a Axencia Espacial Canadense, e serviu noutras funcións para a NASA e AEC, por exemplo como CAPCOM.
En xullo de 2013, Julie Payette foi nomeada xefa de Operacións (COO) do Centro de Ciencias de Montreal no Porto Vello de Montreal.
En abril de 2014, foi nomeada membro do directorio do Banco Nacional do Canadá.[1]
O 13 de xullo de 2017, Payette foi proposta como nova gobernadora xeral do Canadá polo primeiro ministro Justin Trudeau.[2][3][4] A raíña Isabel II, seguindo a recomendación do primeiro ministro Trudeau, aprobou a súa designación. Tomou posesión o 2 de outubro de 2017.
Payette dimitiu o 21 de xaneiro de 2021 no medio da publicación dun informe da Oficina do Consello Privado que a acusaba de acosar a funcionarios públicos da Oficina do Gobernador Xeral. Dixo que apoiaba a investigación sobre o acoso laboral.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.