From Wikipedia, the free encyclopedia
Judy Davis, nada en Perth o 23 de abril de 1955, é unha actriz australiana de cine, teatro e televisión. Cunha carreira de máis de corenta anos, é célebre pola súa versatilidade e é recoñecida como unha das mellores actrices da súa xeración. Woody Allen, co que colaborou frecuentemente, describiuna como "unha das actrices máis estimulantes do mundo".[1][2][3] Recibiu oito premios da Academia Australiana do Cinema e da Televisión, tres premios Emmy, dous premios da Academia Británica, dous Globos de Ouro e recibiu dúas candidaturas aos premios Óscar.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Judith Davis 23 de abril de 1955 (69 anos) Perth, Australia |
Residencia | Birchgrove (en) |
Educación | National Institute of Dramatic Art (en) John XXIII College (en) Universidade Curtin (pt) Loreto Convent, Claremont (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Australia |
Ocupación | actriz, actriz de teatro, actriz de cinema |
Período de actividade | 1977 - |
Familia | |
Cónxuxe | Colin Friels (1984–) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Davis naceu en Perth (Australia Occidental) e foi criada no catolicismo estrito.[4][5] Estudou no Loreto Convent e no Western Australian Institute of Technology. En 1977 graduouse no Instituto Nacional de Arte Dramática (NIDA).
Un dos seus primeiros papeis destacados como actriz foi o de Sybylla Melvyn en My Brilliant Career (1979),[6] pola que gañou o BAFTA á mellor actriz e mellor actriz revelación. Tamén protagonizou Winter of Our Dreams (1981), interpretando unha adicta á heroína, e Heatwave. A súa carreira internacional comezou en 1981 logo de interpretar a Golda Meir no docudrama para televisión A Woman Called Golda, protagonizado por Ingrid Bergman, e un papel como terrorista no filme británico Who Dares Wins (1982).[6]
Posteriormente, foi seleccionada para encarnar a Adela Quested en A Passage to India (1984) de David Lean, unha adaptación da novela de Edward Morgan Forster, pola que recibiu unha candidatura aos Óscar como mellor actriz.[6] Regresou ao cinema australiano para actuar en Kangaroo (1987), interpretando a esposa dun escritor, e High Tide (1987), como unha despreocupada nai que intenta reunirse coa súa filla adolescente que está sendo criada pola súa avoa paterna. Por ambos os papeis levouse o Premio AACTA, e polo breve período de exhibición de High Tide nos cines dos Estados Unidos gañou un premio outorgado pola National Society of Film Critics. En 1990, fixo un cameo en Alice de Woody Allen.
En 1991, apareceu no filme Barton Fink dirixido polos irmáns Coen, que gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes. Obtivo un Independent Spirit polo seu traballo como a escritora George Sand en Impromptu e volveu actuar nunha adaptación dunha novela de Edward Morgan Forster, Where Angels Fear to Tread. En 1992, tivo un papel principal en Husbands and Wives de Woody Allen, como unha das metades dunha parella que se está a divorciar. Por esta interpretación recibiu candidaturas aos premios Óscar e aos Globos de Ouro como mellor actriz secundaria.
Judy Davis casou en 1984 co actor e tamén graduado de NIDA Colin Friels, con quen ten un fillo e unha filla, o actor Jack Friels (1987) e Charlotte Friels (1997).[7]
Ano | Título | Personaxe |
---|---|---|
1977 | High Rolling | Lynn |
1979 | My Brilliant Career | Sybylla Melvyn |
1981 | Hoodwink | Sarah |
1981 | Winter of Our Dreams | Lou |
1982 | Who Dares Wins | Frankie Leith |
1983 | Heatwave | Kate Dean |
1984 | A Passage to India | Adela Quested |
1986 | Kangaroo | Harriet Somers |
1987 | High Tide | Lilli |
1988 | Georgia | Nina Bailley/Georgia White |
1990 | Alice | Vicki |
1991 | Barton Fink | Audrey Taylor |
1991 | Impromptu | George Sand |
1991 | Where Angels Fear to Tread | Harriet Harriton |
1991 | Naked Lunch | Joan Lee/Joan Frost |
1991 | On My Own | The Mother |
1992 | Maridos e mulleres | Sally |
1993 | Dark Blood | Buffy |
1994 | The Ref | Caroline Chasseur |
1994 | The New Age | Katherine Witner |
1996 | Children of the Revolution | Joan Fraser |
1997 | Deconstructing Harry | Lucy |
1997 | Poder absoluto | Gloria Russell |
1997 | Sangue e viño | Suzanne Gates |
1998 | Celebrity | Robin Simon |
2001 | The Man Who Sued God | Anna Redmond |
2001 | Gaudi Afternoon | Cassandra Reilly |
2003 | Swimming Upstream | Dora Fingleton |
2006 | The Break-Up | Marilyn Dean |
2006 | Marie Antoinette | Condesa de Noailles |
2011 | The Eye of the Storm | Dorothy de Lascabanes |
2012 | To Rome with Love | Phyllis |
2013 | The Young and Prodigious T.S. Spivet | Jibsen |
2015 | The Dressmaker | Molly Dunnage |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.