político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan de la Concha Castañeda, nado en Plasencia, Cáceres, o 29 de agosto de 1818 e finado en Madrid o 30 de agosto de 1903,[1][2] foi un avogado e político español, ministro de Facenda durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena .
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1818 Plasencia, España |
Morte | 30 de agosto de 1903 (85 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Sacramental de Santa María cemetery (en) |
Gobernador civil | |
Gobernador civil de Guadalaxara | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Concha Castañeda (Juan de la), p.90) |
Estudou Dereito na Universidade de Salamanca e marchou en 1841 a Madrid onde casou[2] e se incorporou ao Colexio de Avogados. En 1844, entrou ao servizo do Estado en 1844 como xuíz de primeira instancia no xulgado de Pastrana; despois foi conselleiro provincial, gobernador interino de Guadalaxara e, posteriormente, oficial no Ministerio da Gobernación en Madrid. Entre 1850 e 1864, foi redactor do xornal xurídico El Faro.
Cando os progresistas triunfaron en 1854, abandonou a súa carreira administrativa e despois de participar nas eleccións de 1863 obtivo a súa primeira acta de deputado pola circunscrición de Gata e en 1864 por Cáceres, tomando parte activa na discusión dos orzamentos e outros aspectos de Facenda e economía. Renovou a acta de deputado nas seguintes eleccións até 1867. En 1866, a proposta do marqués de Barzanallana, ocupou a Dirección Xeral de Propiedades do Ministerio de Facenda. Ao cesar, en 1868, publicou unha Memoria na que narra a súa xestión.
Coa Revolución de 1868 e durante o Sexenio revolucionario, afastouse da política activa e mesmo da Administración durante a Primeira República e non regresou ata 1874 ao se produci-la Restauración na que ocupou, de novo, a Dirección. de Propiedades. Máis tarde chegou a ser fiscal do Consello de Estado, presidente da súa Sección de Facenda. En 1876, como militante do recentemente creado Partido Conservador, foi elixido senador por Cáceres até 1886 e despois en representación da Real Academia de Ciencias Morales e Políticas até a súa morte.[1][3]
O 10 de xullo de 1890, foi nomeado Fiscal do Tribunal Supremo[2] e, posteriormente, foi ministro de Facenda entre o 23 de novembro de 1891 e o 11 de decembro de 1892 nun goberno presidido por Cánovas del Castillo e foi gobernador do Banco de España desde xaneiro de 1900 até abril de 1901.[4]
O 16 de febreiro de 1877, recibiu a Gran Cruz de Isabel a Católica, e a Encomenda de número de Carlos III.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.