artista español From Wikipedia, the free encyclopedia
José Victoriano González-Pérez , de nome artístico Juan Gris, nado en Madrid o 23 de marzo de 1887 e finado en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927, foi un pintor español que desenvolveu a súa actividade principalmente en París. É considerado un dos mestres do cubismo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Victoriano González-Pérez 23 de marzo de 1887 Madrid, España |
Morte | 11 de maio de 1927 (40 anos) Boulogne-Billancourt, Francia |
Causa da morte | insuficiencia renal |
Lugar de sepultura | Cimetière de l'Ouest (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura, artes visuais, escultura e Cubismo |
Lugar de traballo | Boulogne-Billancourt París Madrid |
Ocupación | pintor, debuxante arquitectónico, escenógrafo, gravador, ilustrador, escultor, debuxante, artista visual |
Xénero artístico | Cubismo analítico (pt) , Natureza morta, Arte abstracta, arte figurativa e retrato |
Movemento | Cubismo |
Influencias | |
Participou en | |
28 de xuño de 1964 | Documenta III (en) |
11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) |
16 de xullo de 1955 | documenta (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Nado en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudou na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para publicacións como Blanco y Negro e Madrid Cómico.
En 1906 trasladouse a París, onde coñeceu a Pablo Picasso e a Georges Braque. Os primeiros anos gañou a vida debuxando para as revistas L'Assiette du Beurre (O prato de manteiga) e Charavari (Chocallada).
Durante a primeira guerra mundial, aínda en París, realizou a súa primeira exposición individual en 1919. Durante a década de 1920 a súa saúde empeorou gravemente, falecendo xusto aos corenta anos, en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927.
As súas primeiras obras cubistas datan de 1912, ano en que expón no Salón dos Independentes de Barcelona a súa "Homaxe a Picasso". Asina un contrato en exclusiva co marchante Henry Kahnweiler, quen morre en 1914. O ano seguinte pasou o verán con Picasso en Céret, período en que comezou a desenvolver a técnica do papier collé (formas recurtadas en papel e pegadas no lenzo).
Entre 1922 e 1924 realiza escenografías para dous ballets de Sergei Diagilev, Les tentations de la Bergère (As tentacións da pastora) e La Colombe (A pomba), ao tempo que continuaba a pintar. Logo de 1925 utilizou sobre todo a guaxe e mais a acuarela, e realiza algunhas ilustracións para libros.
As súas teorías pictóricas figuran recollidas en numerosos artigos e conferencias.
Parte das súas pinturas cubistas son naturezas mortas, entre as que se inclúen Guitarra e botella (1917, Museo de Arte de Filadelfia), O taboleiro de xadrez (1917, Museo de Arte Moderna de Nova York) e Botella e froiteiro (1919, Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid). Tamén tratou outros temas, como mostra en O fumador (1913, Museo Thyssen-Bornemisza). Un exemplo da seua técnica de papier collé é Gotas e xornal (1914, Museo de Arte do Smith College, Northampton, Massachusetts).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.