futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Carlos Menudo Domínguez, nado en Sevilla o 18 de xuño de 1991, é un futbolista español, que xoga de centrocampista no Atlético Paso, da Segunda División RFEF.
Menudo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan Carlos Menudo Domínguez | ||
Nacemento | 18 de xuño de 1991 | ||
Lugar de nacemento | Sevilla | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Atlético Paso | ||
Número | 21 | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2010 | Sevilla | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2012 | Sevilla C | 54 | (18) |
2012–2013 | Sevilla B | 38 | (5) |
2013–2014 | FC Cartagena | 37 | (7) |
2014–2015 | UD Logroñés | 36 | (11) |
2015–2016 | FC Cartagena | 38 | (7) |
2016–2018 | Ponferradina | 69 | (5) |
2018–2019 | Melilla | 32 | (9) |
2019–2020 | Cultural Leonesa | 22 | (5) |
2020–2021 | Numancia | 23 | (9) |
2021–2022 | Deportivo da Coruña | 11 | (1) |
2022–2023 | UD Logroñés | 26 | (2) |
2023– | Atlético Paso | 5 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 13 de outubro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Naceu en Sevilla, sendo fillo de Juan Carlos Menudo Márquez, antigo futbolista e adestrador. A pesar de ser afeccionado do Betis,[1] formouse como futbolista nas categorías inferiores do máximo rival deste, o Sevilla, pasando 12 anos nos diferentes equipos da canteira e os dous filiais.[2] Xogou dúas tempadas co Sevilla C en Terceira e en xaneiro de 2012 debutou co Sevilla Atlético en Segunda B, disputando esa campaña 11 encontros, e marcando tres goles. Na tempada 2012/13 xogou 27 encontros e marcou dous tantos.[3]
En 2013 asinou polo FC Cartaxena para ocupar unha das prazas de xogador sub-23. Disputou 37 partidos de liga e cinco de Copa, caendo nesta última en 1/16 de final fronte ao FC Barcelona.[4] Xogou ademais os dous partidos de promoción de ascenso a Segunda, nos que o seu equipo caeu eliminado contra o Real Avilés. Fixo un total de 7 goles na tempada.
Na tempada 2014/15 xogou na UD Logroñés, disputando 36 partidos e marcando 11 goles, que contribuíron a que o seu equipo se metese na fase de ascenso. Nesta, Menudo marcou un novo gol, pero o equipo caeu contra o Huracán Valencia.[5] No verán de 2015 regresou ao FC Cartaxena, onde foi titular durante case toda a tempada, e marcou sete goles. Xogou as dúas seguintes campañas na Ponferradina,[6] coa que disputou 74 encontros, aínda que a súa cifra goleadora baixou a só cinco goles entre os dous anos.
Na tempada 2018/19 fichou polo Melilla,[7] onde anotou 14 goles, nove deles na liga, dous na Copa do Rei e tres na primeira eliminatoria da promoción de ascenso a Segunda contra o Villarreal B.[8] Con todo, o seu equipo non puido superar lograr o ascenso ao perder na seguinte rolda contra o Atlético Baleares.[9]
O 21 de xullo de 2019 chegou á Cultural Leonesa de José Manuel Aira,[10] onde marcou seis goles e disputou unha nova promoción de ascenso a Segunda, a cuarta para o xogador, de novo sen éxito.[11] O 4 de setembro de 2020 fichou polo Numancia por dúas tempadas.[12] Con todo, cumpriu só o primeiro ano co club, no que marcou 10 goles en 25 partidos, ocupando a primeira praza de máximos goleadores do Grupo 1 da Segunda B, empatando con outros cinco xogadores (Rufo, Juanma García, Martón, Asier Benito e Dioni).
O 5 de xuño de 2021 fíxose oficial a súa chegada ao Deportivo da Coruña, na nova Primeira División RFEF.[13] O seu debut oficial produciuse na primeira xornada da tempada, contra o Celta B en Riazor, entrando na segunda parte como substituto de William de Camargo, e marcando poucos minutos despois o terceiro dos cinco goles do seu equipo (5-0).[14] A pesar de chegar ao club galego como fichaxe destacada, apenas contou para o técnico Borja Jiménez, disputando só 238 minutos de liga. A falta dun mes para o remate da liga foi despedido do club, despois de que finxise estar afectado polo COVID-19 para se ausentar do equipo e asistir á final da Copa do Rei entre o Betis e o Valencia en Sevilla.[15][16]
En xullo a UD Logroñés anunciou o regreso do xogador, que asinou un contrato por unha tempada.[17] Disputou 29 partidos e marcou dous goles co equipo rioxano, que acabou descendendo ao remate da campaña. A continuación instalouse nas Illas Canarias, onde asinou como novo xogador do Atlético Paso, da Segunda División RFEF..[18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.