From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Bautista Topete y Carballo, nado en San Andrés de Tuxtla, Estado de Veracruz, México, en 1821 e finado en Madrid en 1885, foi un mariño e político español.
En 1838 ingresou na Armada. Distinguiuse pola súa actuación na Escuadra del Cantábrico durante a Primeira guerra carlista, e en América contra os piratas e tratantes de escravos. En 1860, participou na Guerra de África.
En 1865 foi destinado ao Pacífico, onde ao mando do contralmirante Castro Méndez Núñez participou nos bombardeos de Valparaíso (Chile) e o de El Callao (Perú), onde foi ferido gravemente. Tras a guerra foi ascendido a brigadier.
Máis tarde foi nomeado Capitán da Escuadra de Cádiz. En 1868 pronunciouse en contra de Isabel II e revelou a toda a súa frota, co que iniciou unha revolución que acabaría destronando á raíña.
Entre 1868 e 1869, ocupou o posto de Ministro da Mariña e de Ultramar. En 1870, Joan Prim morreu tras sufrir un atentado, polo que Topete ocupou o cargo de Presidente do Consello de Ministros.
Durante o reinado de Amadeu I de Savoia, volve ocupar os cargos de Ministro da Mariña e de Ultramar. Tras a proclama da I República foi encarcerado. Tras o golpe do xeneral Pavía en 1874, ocupou de novo o posto no ministerio da Mariña.
Sexenio Revolucionario | ||
---|---|---|
Segue a: Joan Prim i Prats |
Juan Bautista Topete | Precede a: Francisco Serrano Domínguez |
Presidente do Goberno de España |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.