Josep Fontana i Lázaro, nado en Barcelona o 20 de novembro de 1931 e finado na mesma cidade o 28 de agosto de 2018,[1][2] foi un historiador catalán. Foi unha das figuras máis relevantes da historiografía catalá e española.[3]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Josep Fontana (2017) |
Nome orixinal | (ca) Josep Fontana Lázaro |
---|
|
Nacemento | 20 de novembro de 1931 Barcelona, España |
---|
Morte | 28 de agosto de 2018 (86 anos) Barcelona, España |
---|
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
---|
Educación | Universidade de Barcelona |
---|
Director de tese | Fabián Estapé (pt) |
---|
|
Campo de traballo | Historia |
---|
Ocupación | historiador, profesor universitario, escritor |
---|
Empregador | Universidade de Barcelona Universidade Autónoma de Barcelona Universidade de Valencia Universidade Pompeu Fabra Universidade de Lleida |
---|
Partido político | Partit Socialista Unificat de Catalunya (1957–1980) Barcelona en Comú |
---|
Interesado en | Franquismo e historia contemporánea de España |
---|
Xénero artístico | Ensaio |
---|
Profesores | Jaime Vicens Vives e Ferran Soldevila Zubiburu (pt) |
---|
Influencias | |
---|
|
|
18 de febreiro de 2014 | Intellectuals for the Third Republic (en) |
|
|
Obras destacables |
Doutorando | Roberto Fernández Díaz (pt) , Jaume Claret Miranda, Martí Grau i Segú (pt) , Josep Maria Fradera (en) e Jordi Figuerola (en) |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Diccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos (2002) (en) , (sec:Fontana Lázaro, Josep, p.260–261) |
---|
|
Pechar
Licenciouse en Filosofía e Letras, sección de Historia en 1956 na Universidade de Barcelona, onde fixo o doutoramento en Historia en 1970. Entre 1957 e 1966, foi axudante de Jaume Vicens Vives e Jordi Nadal na Facultade de Ciencias Económicas de Barcelona.[1]
En 1966, por mor dunha serie de protestas contra a represión franquista, xunto con outros profesores, foi expulsado da universidade non retornará até 1968 como interino na Universidade Autónoma de Barcelona[1] onde estivo até 1974 cando gañou a cátedra de Historia Económica e Mundial na Universidade de Valencia.[2] En 1976, retornou á Universidade Autónoma de Barcelona onde foi vicerreitor e decano da facultade de Letras.[1]
En 1990, participou na fundación da Universidade Pompeu Fabra e onde foi catedrático até a súa xubilación en 2001, cando foi nomeado catedrático emérito. En 1991, fundou o Instituto Universitario de Historia Jaume Vicens Vives, dependente da Universidade Pompeu Fabra.[3]
Josep Fontana foi membro do consello editorial da revista política Sin Permiso. Dende abril de 2010 fixo o labor de analista para o diario Público.
Foi unha persoa comprometida politicamente durante o franquismo e que militou no PSUC dende 1957 até comezos da década dos 80. Nas eleccións municipais de 2015, foi no derradeiro lugar da lista de Barcelona en Comú, que levaría á súa candidata Ada Colau á alcaldía de Barcelona.
Foi alumno de Ferran Soldevila e Jaume Vicens Vives.
- 1971: La quiebra de la monarquía absoluta (1814-1820). Barcelona: Ariel.
- 1972: Política i economía a la Catalunya del siglo XX. Barcelona: Ariel.
- 1975: Cambio económico y actitudes políticas en la España del siglo XIX. Barcelona: Ariel. ISBN 84-344-0736-1
- 1977: La revolucion liberal [Texto impreso] : política y hacienda en 1833-1845. Madrid: Instituto de Estudios Fiscales ISBN 8471960346
- 1979: La crisis del Antiguo Régimen (1808-1831). Barcelona: Crítica. ISBN 8474230845
- 1980: La Hacienda en la historia de España: 1700-1931. Madrid: Instituto de Estudios Fiscales. ISBN 8471963174
- 1981: La invasió napoleònica: economía, cultura i societat. Barcelona: Universitat Autónoma, Servei de Publicacions. ISBN 8474880181
- 1982: Historia: análisis del pasado y proyecto social
- 1992: La història després de la fi de la història
- 1994: Europa ante el espejo
- 1999: Enseñar historia con una guerra civil de por medio
- 1999: Introducció a l'estudi de la història
- 2000: La història dels homes
- 2005: Aturar el temps
- 2006: De en medio del tiempo
- 2006: La construcció de la identitat. Barcelona: Base. ISBN 84-85031-51-2 (edición en galego: A construción da identidade e outros traballos de historia (2007). Ames [A Coruña]: Laiovento. ISBN 978-84-8487-112-5)
- 2007: Historia de España, vol. 6: La época del liberalismo
- 2010: L'ofici d'historiador (Documenta Universitària)
- 2011: Por el bien del imperio. Una historia del mundo desde 1945. Barcelona: Pasado & Presente. ISBN 978-8493914349
- 2013: El futuro es un país extraño: una reflexión sobre la crisis social de comienzos del siglo XXI. Barcelona: Pasado & Presente. ISBN 978-84-939863-5-3
- 2013: De en medio del tiempo: la Segunda Restauración Española, 1823-1834. Barcelona: Crítica. ISBN 978-84-9892-554-8
- 2014: La formació d'una identitat: una història de Catalunya. Vic: Eumo. ISBN 978-84-9766-526-1
- 2017: El siglo de la revolución: una historia del mundo desde 1914. Madrid: ed. Crítica. ISBN 978-84-16771-50-9
- 2018: L'ofici d'historiador (nova edició ampliada, Arcàdia)
En 2006, recibiu a Creu de San Jordi e no 2007 foi recoñecido co primeiro Premio Nacional á Traxectoria Profesional e Artística concedido pola Generalitat de Catalunya.[1][2]
O 11 de xuño de 2010 recibiu o título de doutor honoris causa pola Universidade Rovira i Virgili de Tarragona[4], o 25 de novembro de 2011 pola Universidade de Valladolid e o 14 de marzo de 2013 pola Universidade de Xirona, xunto con Ramón Garrabou e Jordi Nadal.[5]