futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Josep Calavera Espinach, nado Cabra del Camp o 2 de outubro de 1999, é un futbolista español, que xoga de centrocampista no Castellón, da Primeira División RFEF.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1999 (25 anos) Cabra del Camp, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Familia | |
Irmáns | Jordi Calavera |
É irmán do tamén futbolista Jordi Calavera.
Formouse nas categorías inferiores do Nàstic de Tarragona, debutando en 2016 co seu filial da Terceira División, o La Pobla de Mafumet. En 2017, no seu último ano de xuvenil, fichouno o FC Barcelona.[1] No seu primeiro ano co equipo xuvenil do Barça, conquistou a Copa de Campións e a Liga Xuvenil da UEFA. Ao ano seguinte saíu cedido ao Lleida Esportiu, co que debutou na Segunda División B, xogando 22 partidos de liga e dous da Copa do Rei, e marcando un gol contra o Valencia Mestalla.
Na tempada 2019/20 fichou polo Castellón, tamén de Segunda B. Foi titular durante todo o tempo que estivo no equipo de Óscar Cano, que acabaría ascendendo a Segunda División, pero en febreiro abandonou o club para ingresar no Atlético de Madrid B, co que xogou durante a seguinte tempada e media.[2]
En xullo de 2021 saíu cedido ao Deportivo da Coruña, na nova Primeira División RFEF.[3] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[4] Con todo, só disputou 18 minutos máis en toda a primeira volta e tamén contou con pouco protagonismo na segunda, aínda que sumou máis partidos.[5]
Ao remate da tempada fichou polo Castellón, da mesma categoría.[6] Titular indiscutible no club orellut, xogou un total de 37 partidos na súa primeira tempada e disputou a promoción de ascenso a Segunda División, eliminando nas semifinais ao seu anterior equipo, o Deportivo, antes de caer eliminado ante o Alcorcón na final.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.