músico español From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Basanta Fernández Pacheco, nado o 15 de decembro de 1784 en Mondoñedo e finado 23 de marzo de 1865 na mesma cidade, foi un sacerdote galego, mestre de capela da catedral de Mondoñedo durante case 60 anos. Escribiu panxoliñas de Nadal, algunhas delas en galego. A súa composición máis coñecida é Plorans plorarit.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1784 Mondoñedo, España |
Morte | 23 de marzo de 1865 (80 anos) Mondoñedo, España |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Catedral de Mondoñedo catedral de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | compositor, mestre de capela |
Profesores | Melchor López |
Alumnos | Pascual Enciso Arriola |
Ingresou no coro de nenos da Catedral de Mondoñedo en 1796, ano no que pasa a depender da Catedral ao morrerlle a avoa e ser orfo de pais polo que se formou musicalmente na catedral. En 1805 é nomeado Mestre de Capela da catedral.[1]
Viaxou a Santiago de Compostela e Madrid para mellorar a súa formación e recibiu a oferta de Mestre de Capela da Catedral de Oviedo, que non aceptou ao mellorárselle a situación en Mondoñedo.[1]
Algunhas das súas obras son: Miserere, Plorans, ploravit, Dixit Dominus, Deus ecce Deus, Misa, Sacri Solemnis, Libera me Domine. En 1832 escribiu o Oficio dos defuntos.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.