José Moreira Casal

médico e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

José Antonio Moreira Casal, nado en Vilagarcía de Arousa o 10 de decembro de 1899 e finado no mesmo concello o 15 de marzo de 1944, foi un médico e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
José Moreira Casal
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1899
Vilagarcía de Arousa, España
Morte15 de marzo de 1944 (44 anos)
Vilagarcía de Arousa, España
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónmédico, político
Partido políticoPartido Galeguista
Pechar

Traxectoria

Fillo de Manuel Moreira Escariz, perito agrícola e administrador do pazo da Golpilleira, e Ignacia Casal Soto. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi expulsado o último ano por unha brincadeira e rematou na Universidade de Sevilla, obtendo a licenciatura en xuño de 1923. Especializouse en Obstetricia na Universidade de Madrid, na que fixo o doutoramento.

Dende 1924 exerceu como médico en Vilagarcía de Arousa. Era coñecido como "o médico dos pobres". Logo da proclamación da República foi membro da comisión xestora municipal e despois concelleiro polo Partido Galeguista ata agosto de 1934, cando foi contratado polo Concello como médico tocólogo. O 22 de decembro de 1935 foi obxecto dunha multitudinaria homenaxe en Vilagarcía.[1]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detenido e desterrado a Bande. Despois foi desterrado a Alcambra (provincia de Teruel) onde traballou na clínica dun seu irmán. Prestou servizo aos feridos de guerra durante a batalla do Ebro. Enfermo, permitíronlle regresar a Vilagarcía en 1942, onde morreu en marzo de 1944. O seu enterro constituíu unha homenaxe popular, o féretro foi levado en ombreiros polo centro de Vilagarcía, pese á oposición do párroco.

Vida persoal

Casou con Segunda Manciñeira.

Recoñecementos

  • En 1978 unha subscrición popular sufragou un busto como homenaxe.
  • Unha rúa de Vilagarcía leva o seu nome.
  • Foi nomeado fillo predilecto de Vilagarcía en 2010.[2]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.