Empresario e político español From Wikipedia, the free encyclopedia
José María de Oriol Urquijo, marqués de Casa Oriol, nado en Santurtzi o 12 de agosto de 1905, e finado en Madrid o 4 de novembro de 1985, foi un empresario, financeiro e político español.
Era fillo primoxénito de José Luis de Oriol y Urigüen, arquitecto e financeiro español, e de Catalina Urquijo. Finalizou a carreira de Enxeñeiro Industrial en Madrid en 1929. Casou con María de Gracia Ybarra Lasso de la Vega e tivo sete fillos: José Luís (enxeñeiro Industrial), casado con María Jesús Fabra (marquesa de Masnou); María de Gracia, casada con Jose Luís Sanz Magallón (marqués de San Adrían); Miguel (arquitecto); María, casada con Juan Castillejo (duque de San Miguel); Iñigo (avogado), casado con Vitoria Ibarra, baronesa de Güell; Carlos, casado con Isabel de León (marquesa de Méritos e actual presidenta da Real Academia de Belas Artes Santa Isabel de Hungría) e Begoña, casada co empresario Javier Basagoiti Miranda.
Rematada a carreira foi nomeado conselleiro de Hidroeléctrica Española (actualmente Iberdrola), a compañía que fundou o enxeñeiro Urrutia e o seu avó Lucas de Urquijo. Ocupou o cargo de Presidente desde 1941 até 1985.
Contribuíu á fundación de UNESA (Unidade Eléctrica S.A.) en 1944, agrupando as empresas produtoras e distribuidoras de enerxía eléctrica de España. Foi presidente desta Sociedade en dúas ocasións, completando os 8 anos de mandato.
Unha vez que o Forum Atómico Español se incorporou ó Europeo foi o presidente deste durante dous anos.
Tamén foi presidente de Patentes Talgo, de Unesa, conselleiro de Banesto, de Unión Eléctrica Fenosa, de Bandesco e doutras moitas sociedades.
Foi tamén Alcalde de Bilbao entre 1939 e 1941, Xefe Provincial de Falanxe dende 1937 a 1941 e procurador en Cortes en seis lexislaturas.[1] Foi académico de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas desde 1959.
En representación do sector da Comuñón Tradicionalista que encabezaba o conde de Rodezno, formou parte do comité monárquico fundado en marzo de 1943 para promover a causa do pretendente ó trono Xoán de Borbón fronte ó xeneral Franco que se negaba a abandonar o poder e dar paso á restauración da monarquía.[2]
Foi un dos 59 procuradores que o 18 de novembro de 1976 nas Cortes Españolas votaron en contra da Lei para a Reforma Política que derrogaba os Principios Fundamentais do Movemento.[3]
Formou parte durante a súa vida de varios Consellos de Administración: Babcock Wilcox, Electra de Madrid, Regas de Levante, FENOSA (vicepresidente), Fundiciones e Talleres Mecánicos de Manzanares, Hidráulica de Santillana, Electra de Lima (vicepresidente), Industrias Subsidiarias de Aviación, Ibarra e Cía, VALCA, ARGON, Impregnación de Madeiras, Oleotécnica SA, Produtos Pretensados, etc. Foi conselleiro de Bandesco, Banco de Vitoria e Banco Español de Crédito (desde 1944).
Presidiu: Construtora Iberoamericana, Compañía Mineiro-Metalúrxica Os Guindos, Patentes Talgo, Electras marroquís, Muíños do Segura de Archena..., pero sobre todo Hidroeléctrica Española (dende marzo de 1941).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.