José María García Leira
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José María García Leira, nado en Vilalba o 28 de novembro de 1934, é un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1934 (89 anos) Vilalba, España |
4º Presidente do Parlamento de Galicia | |
18 de novembro de 1997 – 18 de xullo de 2005 ← Vitorino Núñez – Dolores Villarino → | |
Alcalde de Vilalba | |
1979 – 1990 (dimisión) ← Francisco Roca Agrás – Agustín Baamonde Díaz → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Cursou os seus primeiros estudos en Vilalba. Fixo o bacharelato no Colexio dos Xesuítas de Vigo. O primeiro curso de Dereito fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela en 1952, e os restantes na Universidade Complutense de Madrid. Xestor administrativo por oposición, en 1963 abriu un despacho profesional en Vilalba. Por esta mesma época obtivo os títulos de Axente de Propiedade Inmobiliaria, Corredor de Seguros e Administrador de Leiras. Obtivo o título de profesor e director de autoescola e complementou a súa actividade empresarial dirixindo escolas de ensinanza de condutores en Vilalba e Muimenta - Cospeito. Foi presidente e cofundador da Masa Coral Vilalbesa, cofundador e membro redactor do regulamento do Centro Cultural Recreativo; socio fundador da Sociedade Deportiva A Conexeira; cofundador dos Pepes de Vilalba; membro do Padroado Hospital Asilo. Exerceu como xuíz municipal de Vilalba de 1968 a 1978.
A súa carreira política iniciouse nas primeiras eleccións municipais de 1979, foi candidato á alcaldía por Alianza Popular e saíu elixido por maioría absoluta. Ao cargo de alcalde presentouse novamente entre 1983 e 1987, obtendo sempre maioría absoluta. Ao longo do seu período na alcaldía, destacan como actuacións máis sobresaíntes: a construción da praia fluvial e do polígono industrial, a Casa da Cultura, o Centro da Terceira Idade, o Centro Social, a Praza da Constitución, a Praza do Mercado, tres grupos escolares en parroquias de Vilalba, posta en marcha do Conservatorio de Música de Vilalba, creación da Banda Municipal de Música, creación da posta da Cruz Vermella de Vilalba e máis de trinta pontes e trescentos quilómetros de pistas, entre outras actuacións.
Simultaneamente co cargo de Alcalde, formou parte da Deputación Provincial de Lugo, representando ao Partido Xudicial de Vilalba, sendo vicepresidente 1º desa Corporación Provincial de 1983 a 1990. Nese ano cesou como alcalde e como vicepresidente da Deputación, ao ser elixido deputado do Parlamento de Galicia e vicepresidente 1º da institución. Volveu saír reelixido en 1993. En 1997 foi elixido presidente do Parlamento de Galicia. En 1999 foi elixido presidente da Conferencia de Presidentes das Asembleas Lexislativas das Rexións de Europa. Presidiu este órgano durante o ano 2000, momento no que se celebrou en Santiago de Compostela a IV Conferencia de Presidentes. No ano 2001 foi reelixido presidente do Parlamento de Galicia, cargo que exerceu ata 2005.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.