From Wikipedia, the free encyclopedia
José Luis Pego Alonso, nado en Ferrol en 1957, é un economista galego que ocupou o cargo de director xeral de Caixanova.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela obtendo a cualificación de sobresaínte no exame de grado, tamén cursou estudos de doutoramento en Economía e estudos de Dereito pola mesma Universidade. Posteriormente obtivo unha bolsa do Programa Fulbright para continuar estudos de doutoramento na Universidade de Nova York, que acabou rexeitando. Fixo o servizo militar na Mariña, onde foi tenente de Intendencia.
Ademais realizou un MBA na Escola de Negocios Caixanova, e realizou labores de docencia en varias universidades.[1]
En 1985 abandonou a súa posición docente na Universidade de Santiago e comezou a traballar en Caixavigo. Pasou polos cargos de xefe de departamento, director de área, vice-director e director xeral adxunto. Foi promovido a director xeral en xuño de 2006, substituíndo a Julio Fernández Gayoso que pasou a ser o presidente da entidade.
Ocupou asento tamén nos consellos de administración de Banco Gallego, Pescanova, Certum, Muéstralo e Cidade Universitaria. Pertenceu ao padroado de fundacións coma a do MARCO, Caixanova, Arao e Galicia Emigración. Ademais foi membro da xunta de goberno do Idega, do Consello Económico e Social de Vigo e do Consello Supervisor do Observatorio Socio-Económico de Vigo.[2]
En decembro de 2010, o Banco de España noméao director xeral de Novacaixagalicia, a entidade resultante da fusión forzada[3] pola Xunta de Galicia entre Caixanova, de onde procede, e Caixa Galicia, despois da mala xestión desenvolvida pola cúpula directiva desta segunda entidade, que se encontraba en quebra técnica[4][5]. A xestión da entidade que dirixía permitiu chegar ao proceso de fusión con 80 millóns de beneficio no negocio tradicional, pero iso non impediu que a perda de 61 millóns feita por Caixa Galicia comprometera a viabilidade futura da fusión.[6][7] En 2010 recibiu o premio de "Economista do Ano" pola Asociación de Economistas de Pontevedra pola boa administración de Caixanova ata a fusión, e polo seu compromiso de aceptar a tarefa de tratar de empurrar o proxecto da nova entidade, do que máis adiante viría a ser substituído.
En setembro de 2011, tras nove meses no cargo, foi obrigado por José María Castellano, o novo CEO promovido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a deixar a organización para acollerse á xubilación anticipada. En xuño de 2012 a Audiencia Nacional admite a trámite unha querela contra o ex-directivo por presuntamente cobrar indebidamente 122.586 euros da súa prexubilación en concepto de "retribución complementaria por resultados".[8][9][10][11], contradicindo un informe pericial dos servizos xurídicos do Banco de España, que constataron que o contrato do exdirectivo de Caixanova era legal e coñecido pola institución.[12] O caso encóntrase á espera de resolución.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.