cantante arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia
José Teodoro Larralde, nado en Huanguelén, Arxentina o 22 de outubro de 1937 é un cantautor arxentino de música folclórica.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Teodoro Larralde Saad 22 de outubro de 1937 (86 anos) Huanguelén, Arxentina (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | cantautor , guitarrista |
Período de actividade | 1967 - |
Xénero artístico | Música tradicional |
Lingua | Lingua castelá |
Selo discográfico | Columbia Records RCA Records |
Descende de árabes e de vascos. Dende moi cativo, aos 7 anos, comeza a escribir versos .
Ademais de dedicarse á música realizou traballos de albanel, de mecánico, traballador rural, tractorista e soldador, e proseguiu traballando mentres realizaba as súas primeiras gravacións.
A súa irrupción foi fulminante, e tivo moito que o cantor Jorge Cafrune. Dedicado Larralde ao seu quefacer artístico, no seu pobo natal, anhelaba coñecelo e, sabendo que o seu veciño José Dip tiña trato con el, frecuentemente pedíalle que llo presentara. Unha noite de 1966, encontrándose nun asado en casa de seu tío Eduardo Saad, José Dip cúmprelle o desexo, e é así como Larralde lle fai coñecer a Cafrune algúns temas da súa autoría. A aceptación foi inmediata: despois de oílo cantar, Cafrune pediulle a José Dip que ao día seguinte chamara a Hernán Figueroa Reyes, director de gravacións de CBS, porque desexaba incluír algúns temas dos escoitados no seu disco en preparación, editado finalmente en 1967, titulado "Jorge Cafrune". E é así que, pese a algúns contratempos, "Permiso" e "Sin pique" finalmente estiveron presentes no LP de Cafrune.
Cafrune volveu a Huanguelén ao pouco tempo, xa que tiña que actuar en Girodías, que se atopa a escasos quilómetros dalí. Nesta ocasión invitou a José Larralde para que o acompañara. Cafrune interpretou tres temas e logo presentou a Larralde, quen a partir daquela se fixo dono do escenario, coa anuencia de Cafrune, e cantou varios temas, entre eles "Herencia pa' un hijo gaucho", a cal chegou a oídos dos directivos da compañía discográfica RCA, que ao pouco tempo decidiu contratalo.
No ano 1967, José Larralde gravou o primeiro de vinte e oito discos editados na Arxentina, sen contar reedición e compilados.
Larralde atopou un xeito de facerse coñecer sen grandes promocións e concentracións masivas. Usa a música popular de raíz folclórica cantando contra todo tipo do que el considera inxustizas e desigualdades.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.