José Jané Baqués, nado en Sabadell a finais do século XIX, foi un organista e compositor catalán afincado en Vigo coñecido por ser o organista do cine Fraga de Vigo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaJosé Jané Baqués
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Sabadell, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, organista Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Ingresou como neno de coro no mosteiro de Montserrat aos 8 anos, e debutou como organista aos 13 anos acompañando unha misa gregoriana.

Chegou a Galicia en 1925[1] como mestre concertador da compañía Gari Uset, que dirixía o actor cómico José Uset.[2] Contratado pola Empresa Fraga recalou en Pontevedra en 1927 como mestre concertador da orquestra do Teatro Principal[3] onde acompañou as películas mudas con grande éxito, como dan testemuña as numerosas novas na prensa. Alí coñeceu á redondelá María del Carmén Fernández Tapias filla do dono do hotel Europa, coa que casou[4] e instalou unha academia de música, primeiro na rúa da Oliva 64[5] e logo na de Michelena 18.[6]

En xuño de 1927, compuxo música para a zarzuela en tres actos O avarento de Herminia Fariña.[7] Ao ano seguinte viaxou coa súa dona a Milán para ampliar estudos.[8] En 1929 o seu contratador, o empresario carballiñés Isaac Fraga, levouno como director da orquestra do Teatro García Barbón de Vigo[9] e, xunto coa súa orquestra composta de 14 profesores, acompañou películas como The King of Kings de Cecil B. de Mille. [10] Ese mesmo ano, tamén dirixiu a orquestra do Teatro Tamberlick[11] e tocaba como pianista de café no Derby.[12]

En 1931 naceu seu fillo José Jané Fernández,[13] e acompañou a cantantes como o tenor galego José Vales ou a soprano arxentina Aida Arce.[14] Un dos seu alumnos destacados nesa época foi o barítono Jesús Paniagua Castro.[15] En 1937 tomou a dirección da Schola Cantorum da Agrupación Martín Codax.[16]

A partir do 1949, pasou a ser o organista do cine Fraga onde actuaba no descanso entre o NO-DO e a proxección da película. Este teatro, construído entre 1941 e 1948, foi dotado cun magnífico órgano ao estilo das salas americanas, cando o uso deste instrumento entraba en decadencia pola chegada do sonoro.[17]

Trala morte do compositor e profesor de música dos Xesuítas de Vigo José Iglesias Sánchez pasa a ocupar ese posto.[18]

En 1955, Rogelio Groba, director da banda de música da Estrada, estreou o sainete lírico en dous actos Amor d'a Terra de Jané con letra de Juan López Gacio xunto á Masa Coral da Estrada.[19]

En 1959 pasou a dirixir a capela Rodulfo, capela creada polo compositor baionés finado en 1956, continuando na década seguinte a actividade musical desta agrupación relixiosa.[20]

Durante a década dos 60, continuou desenvolvendo a actividade como organista no Fraga,[21] profesor de música do colexio dos xesuítas, director da capela Rodulfo e pianista acompañante de diversas agrupacións, entre elas a coral Casablanca. Tamén foi profesor do organista vigués e dono do almacén de música Orpheo, José Carlos Rodríguez.[22]

Obra

  • Sueños de artista (1926) Comedieta lírico en tres actos con letra de Jose Paseiro.[23]
  • O avarento (1927) Zarzuela en tres cadros e un acto con letra de Herminia Fariña.[7]
  • Himno a la belleza (1933).[24]
  • ¡¡Arriba España!! (1937). Revista patriótica en sete cadros en prosa e verso con letra de Jesús Álvarez Díaz e José Signo.[25]
  • Himno da cofraría do Silencio (1947). Con letra de Enrique Romero Archidona.[26]
  • Amor d'a Terra (1955). Sainete lírico en dous actos con letra de Juan López Gacio, estreada por Rogelio Groba.[19]
  • Misa Flos Carmeli (1958). Estreada na festividade de Santa Icía coa orquestra da Sociedad Filarmónica de Vigo dirixida por Daniel Quintas.[27]
  • Estetit Angelus (1960)[28]
  • "Conxunto de seis "lieder" (1960)[29]No máis fondo, R. Cabanillas. — Arqueiro, R. Cabanillas. — Nacín cand´as prantas nacen, Rosalía de Castro. — Quíxente tanto, Rosalía de Castro. — Letanía aldeán, J. Crecente Vega . Partitura autógrafa para piano e canto depositada no Museo de Pontevedra, Arquivo musical, Sig. 56/37/34. Composición participante no "1º Festival de la Canción Gallega" na sección Premio Montes.
  • O millor d'a festa (1961). Fantasía galega para violín e piano composta xunto ao violinista Francisco Aparicio e editada por este último. Tamén transcrita para banda de música por Juan Moldes.[30]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.