escritor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Jon Kortazar Uriarte, nado en Mundaka, Biscaia o 29 de outubro de 1955, é un escritor e crítico literario en lingua éuscara.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1955 (68 anos) Mundaka, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, crítico literario |
Empregador | Universidade do País Vasco |
Obra | |
Doutorando | Patxi Salaberri Muñoa (en) e Pako Sudupe |
Premios | |
| |
Doutor en Filoloxía Vasca e dende 1992 é profesor de literatura en éuscaro na Universidade do País Vasco. Tamén foi profesor visitante na Universidade se Santiago de Compostela.
Aínda que tamén escribiu libros de ficción, o seu traballo principal estivo no campo da investigación. É o autor que máis traballou no campo da crítica literaria e escribiu numerosas publicacións e artigos sobre o tema, especialmente literatura do século XX e especialmente poesía: Teoría práctica poética de Esteban Urkiaga Lauaxeta (1986), Laberintoaren oroimena (1983), Luma eta lurra: euskal poesia 80ko hamarkadan (1987), Jose Maria Agirre, Xabier Lizardi (1896-1933) (1995), Juan Mari Lekuonaren olerkigintza (1997) e Euskal literaturaren historia txikia (1997). Publicou as súas obras críticas e artigos en varias revistas literarias do País Vasco e do estranxeiro. Por outra banda, cómpre mencionar a obra Euskal Literatura XX mendean (1990),que leva seis edicións nunha década. Nesta antoloxía presenta todos os ámbitos da literatura, clasificados cronoloxicamente polo autor e a súa obra, e situando cada un no seu propio contexto histórico e cultural. A segunda edición deste traballo publicouse en 1994 e a terceira en 2000. A última edición inclúe tamén escritores que destacaron desde 1990 e tamén completou a bibliografía.
Desde os anos 1980, Jon Kortazar traballou na realización de Euskalerriko Atlas Etnolinguistikoa e na realización de estudos en Sukarrieta, Mundaka e Bermeo.[1] Colaborou na prensa escrita do País Vasco, (Deia, El Correo[2]) e en El País e o suplemento cultural Babelia. Conferenciante en Universidades estranxeiras e docente nas de Ohio (Estados Unidos), Tubinga, Colonia, Berlín e Kiel (Alemaña) e Oxford (Gran Bretaña), e na Universidade Nacional de La Plata (Arxentina).[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.