medallista e deseñador de moeda estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
John Ray Sinnock, nado o 8 de xullo de 1888 en Raton, Novo México, e finado o 14 de maio de 1947 en Saten Island, Nova York, Foi un gravador e deseñador de moedas estadounidense, o oitavo en ocupar o posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, entre 1925 e 1947.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1888 Raton, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 14 de maio de 1947 (58 anos) |
Educación | Universidade das Artes |
Actividade | |
Ocupación | gravador |
Empregador | Case Western Reserve University (pt) |
Sinnock trasladouse a Pensilvania para se formar en Métodos e Deseños Artísticos na Escola de Arte Industrial do Museo de Filadelfia (a actual Universidade das Artes), onde se graduou en 1913. Estes estudos conducírono á consecución do premio A. W. Mifflin.[2]
Logo da súa graduación, axiña se deu a coñecer na comunidade artística de Filadelfia polos seus traballos, varios deles medallas con retratos de presidentes e personaxes célebres da época. Entre outras institucións, formou parte do Philadelphia Sketch Club e da Philadelphia Aliance.[2]
Durante unha década, Sinnock dedicouse á docencia, tanto na súa universidade de orixe como na Case Estern Reserve University. En 1917 ingresou como gravador asistente na Ceca de Filadelfia, da United States Mint, da man do daquela gravador xefe, George T. Morgan, a quen sucedeu no posto en 1925 logo do falecemento deste.[2][4]
Os dous traballos que fixeron máis popular a figura de John R. Sinnock foron as moedas de prata de 10 centavos (dime) co busto de Roosevelt (1946) e de medio dólar co busto de Franklin (1948), por seren estas de curso legal e estaren en circulación durante décadas.[2][5][6] O reverso desta última moeda quedou inacabado polo falecemento de Sinnock e foi concluído polo seu sucesor como gravador xefe, Gilroy Roberts.[7]
Nas ceracións de Sinnock aparecen adoito gravadas as súas iniciais JS. Este feito fixo xurdir nos Estados Unidos, logo da aparición da moeda de 10 centavos en 1946, a crenza popular de que as siglas correspondían ao nome do líder soviético Joseph Stalin e que se debían á infiltración dun axente soviético na casa da moeda, no marco da obsesión anticomunista imperante da época. Este rumor rexurdiu logo da aparición póstuma, en 1948, do medio dólar tamén deseñado por Sinnock.[2][8]
Outra controversia suscitada arredor da moeda de 10 centavos foi a acusación de que Sinnock copiara o busto de perfil do presidente Roosvelt dun baixorrelevo de bronce creado pola escultora Selma H. Burke. Sinnock Negou sempre tal acusación.[9][10][11]
Ao traballo de John Sinnock débense tamén outras diversas moedas conmemorativas dos Estados Unidos e algunhas medallas e condecoracións militares (nalgunhas ocasións sobre deseños alleos), como a Purple Heart (1932)[12][13], a Merchant Marine Victory Medal (1946)[14] ou a Yangtze Service Medal (1930),[15] entre outras.[2]
Logo do seu falecemento en 1947, parte dos seus bosquexos, utensilios, traballos, etc., forman parte do Museo de Luxemburgo, en París, da American Numismatic Society, en Nova York, e da Colección Numismática Nacional dos EEUU, en Washington.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.