boxeador irlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
John McNally, nado en Belfast o 3 de novembro de 1932 e finado na mesma cidade o 4 de abril de 2022,[1][2] foi un boxeador irlandés. Gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1952 celebrados en Helsinqui na categoría de peso galo. Na final, McNally perdeu contra Pentti Hämäläinen, de Finlandia.[3]
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de novembro de 1932 Belfast, Reino Unido |
Morte | 4 de abril de 2022 (89 anos) Belfast, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | boxeador |
Nacionalidade deportiva | Irlanda |
Deporte | boxeo |
Participou en | |
1952 | Xogos Olímpicos de 1952 |
McNally naceu e criouse na área de Pound Loney do oeste de Belfast[4] e converteuse na primeira persoa de Belfast en gañar unha medalla olímpica,[5] e o primeiro boxeador irlandés en conseguir unha.
En 1953, John McNally gañou a medalla de bronce no Campionato Europeo,[6] e gañou o Campionato Golden Gloves representando a Europa contra os Estados Unidos en Chicago. McNally, no espazo dun ano, derrotou tres campión dos American Golden Gloves e foi galardoado cun par de Golden Gloves en recoñecemento da súa xesta. En 1953, converteuse no campión de peso galo de Alemaña en recoñecemento de derrota os antigos tres campións alemáns de peso galo no espazo dun ano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.