John Boyd Dunlop

From Wikipedia, the free encyclopedia

John Boyd Dunlop

John Boyd Dunlop, nado en North Ayrshire o 5 de febreiro de 1840 e finado en Dublín o 23 de outubro de 1921, foi un veterinario escocés que reinventou o pneumático con cámara. Fundou a compañía que leva o seu apelido, Dunlop Tyres.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
John Boyd Dunlop
Thumb
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1840
Dreghorn, Reino Unido (en)
Morte23 de outubro de 1921 (81 anos)
Dublín, Irlanda
Lugar de sepulturaCemitério Deans Grange (pt)
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Actividade
Campo de traballoVeterinario
Ocupacióninventor, emprendedor, veterinario
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Dictionary of National Biography, third supplement (en)
WikiTree: Dunlop-97
Pechar

Traxectoria

Naceu nunha granxa en Dreghorn, no norte de Ayrshire (Escocia), e licenciouse como veterinario no Edinburgh Veterinary College (agora parte da Universidade de Edimburgo) con só 19 anos. Exerceu a profesión de veterinario en Edimburgo durante oito anos. En 1867 trasladouse a Belfast.

Pneumáticos

En 1887, desenvolveu o primeiro pneumático con cámara de aire para o triciclo que o seu fillo de nove anos de idade usaba para ir á escola polas rúas bacheadas de Belfast. Para resolver o problema do traqueteo do triciclo, Dunlop inflou uns tubos de goma cunha bomba de aire para inflar balóns. Despois envolveu os tubos de goma cunha lona para protexelos e pegounos sobre as lamias das rodas do triciclo. Ata entón, a maioría das rodas tiñan lamias con goma maciza, pero os pneumáticos permitían unha marcha notablemente máis suave. Desenvolveu a idea e patentou o pneumático con cámara o 7 de decembro de 1888. Con todo, dous anos despois de que lle concedesen a patente, Dunlop foi informado oficialmente de que a patente foi invalidada polo inventor escocés Robert William Thomson, quen patentara a idea en Francia en 1846 e en Estados Unidos en 1847.[1] Dunlop gañou unha batalla legal contra Robert William Thomson e validou a súa patente.

Dunlop fundou a compañía Dunlop Tyres que máis tarde sería coñecida como Dunlop Rubber Company. A produción comercial empezou a finais de 1890 en Belfast. Dunlop vendeu a súa patente e o nome da súa compañía a William Harvey Du Cros, que xa era propietario da Pneumatic Tire and Booth's Cycle Agency, a cambio de 1500 accións da compañía resultante e finalmente non fixo moita fortuna pola súa invención. Dunlop retirouse a Dublín, onde morreu o 12 de outubro de 1921, e foi enterrado no cemiterio de Deansgrange, un suburbio ao sur de Dublín.

O desenvolvemento do pneumático con cámara de Dunlop chegou nun momento crucial durante a expansión do transporte terrestre, coa construción de novas bicicletas e automóbiles.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.