Johann Zahn
escritor alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
escritor alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Johann Zahn, tamén Joanne Zahn, nado en Karlstadt am Main o 29 de marzo de 1641 e finado o 27 de xuño de 1707, foi un premonstratense, escritor, inventor e matemático alemán. Formouse en Würzburg, sendo alumno de Caspar Schott[1], despois foi profesor da Universidade de Würzburg.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1641 Karlstadt, Alemaña |
Morte | 1707 (65/66 anos) |
Actividade | |
Ocupación | matemático, filósofo, profesor universitario |
Profesores | Caspar Schott (pt) |
Orde relixiosa | Premonstratenses |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
Autor de Oculus Artificialis Teledioptricus Sive Telescopium (Würzburg, 1685). Esta obra contén moitas descricións, diagramas, ilustracións e esbozos tanto da cámara escura como da lanterna máxica, e diversas caixas e dispositivos de proxección. Como estudante de óptica, Zahn é considerado o escritor e ilustrador máis prolífico sobre a cámara escura máis prolífico.
Zahn usou a lanterna máxica, cuxa invención atribuíu a Athanasius Kircher, para as lecturas de anatómica (véxase tamén anfiteatro anatómico). Tamén ilustrou un gran obradoiro de cámara escura para observacións solares usando o telescopio. Zahn fixo unha cámara escura duns 60 cm de longo. Demostrou o uso de espellos e lentes para levantar a imaxe, ampliala e enfocala. Tamén deseñou varias cámaras escuras portátiles, unha delas levada por J. W. von Goethe nas súas viaxes.[2] Ademais, Zahn incluíu unha ilustración dunha cámara escura en forma de cáliz, baseada nun deseño descrito (ilustrado) por Pierre Hérigone.
A primeira cámara fotográfica, que era o suficientemente pequena e portátil como para ser práctica para a fotografía e que podía capturar a imaxe nalgún tipo de soporte, foi creada por Zahn en 1685, aínda que foi case 150 anos antes de que a tecnoloxía chegase a un punto no que fose posible construíla.
En Oculus Artificialis, a extensa descrición de Zahn da lanterna máxica, xunto con outras doce lanternas diferentes, inclúe algunhas destas lanternas que mostras por primeira vez cubertas con lentes. Esta foi unha evolución moi importante na historia da cámara fotográfica, porque significaba que a pantalla podía permanecer escura mentres o operador cambiaba a diapositiva.
* Oculus artificialis teledioptricus sive Telescopium 1. Herbi Poli: Quirinus Heyl. 1685. Bibcode:1685oats.book.....Z. * Oculus artificialis teledioptricus sive Telescopium 2. Herbi Poli: Quirinus Heyl, Johann Georg Drullmann. 1686. * Oculus artificialis teledioptricus sive Telescopium 3. Herbi Poli: Quirinus Heyl. 1686. * Specula physico-mathematico-historica notabilium ac mirabilium sciendorum 1. Norimbergae: Johann Christoph Lochner, Andreas Knorz. 1696. * Specula physico-mathematico-historica notabilium ac mirabilium sciendorum 2. Norimbergae: Johann Christoph Lochner, Andreas Knorz. 1696. * Specula physico-mathematico-historica notabilium ac mirabilium sciendorum 3. Norimbergae: Johann Christoph Lochner, Andreas Knorz. 1696.
Figuras en Specula physico – mathematico – historica notabilium:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.