From Wikipedia, the free encyclopedia
Johann Matthäus Bechstein, nado o 11 de xullo de 1757 en Waltershausen e finado o 23 de febreiro de 1822 en Meiningen, foi un naturalista, científico forestal e ornitólogo alemán.[1]
Johann Matthäus Bechstein, nun gravado de 1854 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xullo de 1757 Waltershausen, Electorado de Saxonia, Sacro Imperio |
Morte | 23 de febreiro de 1822 Dreißigacker (Meiningen), Ducado de Saxonia-Meiningen (Hoxe no Land de Turinxia) |
Educación | Universidade de Jena |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | naturalista, científico forestal e ornitólogo |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Bechst. |
Familia | |
Familia | Bechstein family (en) |
Descrito pola fonte | Salmonsens Konversationsleksikon (en) Nordisk familjebok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Considérase que foi un pioneiro da conservación da natureza e da ornitoloxía científica.
Berchstein naceu en Waltershausen , distrito de Gotha en Turinxia. Estudou na Universidade de Jena teoloxía, ciencias naturais, así como ciencias forestais.
Foi o director da escola forestal de Dreissigacker, cerca de Meiningen, no distrito veciño de Schmalkalden-Meiningen (Ducado de Saxonia-Meiningen).
Foi un prolífico zoólogo e un dos primeiros comprometidos coa conservación da vida salvaxe. Ademais do seu traballo en ornitoloxía publicou textos promovendo a protección dos animais que eran considerados pragas na súa época, como os morcegos.
Foi membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina,[2] da Academia de Ciencias de Baviera,[1] e da Academia Prusiana das Ciencias.[3]
A especie de quiróptero Myotis bechsteinii foi nomeado no seu honor.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.