From Wikipedia, the free encyclopedia
Joseph Williams, nado en 1934 en Aitutaki e finado en 2020, foi un médico e político das Illas Cook, país do que foi primeiro ministro de xullo a novembro de 1999.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1934 Illa Aitutaki, Illas Cook |
Morte | 4 de setembro de 2020 (85 anos) Auckland, Nova Zelandia |
Causa da morte | COVID-19 |
5º Primeiro-ministro das Ilhas Cook (pt) | |
29 de xullo de 1999 – 18 de novembro de 1999 ← Geoffrey Henry – Terepai Maoate → | |
Deputado do Parlamento das Illas Cook | |
24 de marzo de 1994 – 7 de setembro de 2004 Circunscrición electoral: Overseas (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Otago Medical School (en) (–1960) Northland College (en) Universidade do Havaí (pt) - Saúde pública |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Partido político | Partido das Illas Cook |
Premios | |
|
Joe Williams fixo os seus estudos primarios na súa illa natal, en 1950 obtivo unha bolsa de estudo do goberno neozelandés para seguir os estudos secundarios en Kaikohe en Nova Zelandia, facendo a partir de 1955 a carreira de medicina na Universidade de Otago en Dunedin, permanecendo alí cinco anos, logo dun ano suplementario en Christchurch logrou o seu diploma de medicina[1], completando a súa formación cunha especialización en medicina tropical na Universidade de Hawaii.
Ao seu retorno ás Cook, Williams presentouse ás eleccións xerais de 1972, resultando elixido polo Partido Demócrata que acababa de fundar o seu amigo e colega Tom Davis. Dous anos máis tarde, nas eleccións xerais de 1974 preséntase polo Partido das Illas Cook, ocupando tras elas as carteiras de saúde e educación no goberno de Albert Henry. A comezos de 1978, pouco antes das eleccións abandonou o seu partido para fundar con Raui Pokoati e William Estall un novo partido, Unity Party[2]. Williams presentouse na circunscrición de Puaikura, onde só conseguiu 37 votos [3], logo desa experiencia abandonou a actividade política, marchou a Nova Zelandia onde exerceu a profesión médica. En 1993 volveu ao Partido das Illas Cook, presentándose ao ano seguinte na circunscrición dos residentes no exterior, logrando o escano. Participou no goberno de Geoffrey Henry como ministro da saúde, reelixido deputado nas eleccións de 1999 aliouse pouco despois co Partido Demócrata de Terepai Maoate coa fin de botar ao goberno de Henry. Finalmente Williams foi elixido primeiro ministro o 29 de xullo por 13 votos contra 12, manténdose á cabeza dunha fráxil coalición menos de cinco meses, ao tempo que a oposición lle botaba en cara pasar máis tempo en Nova Zelandia ca no arquipélago. O 18 de novembro o seu goberno foi derrubado por unha moción de censura, Terepai Maoate foi elixido novo primeiro ministro.
En 2002 presentou a súa candidatura para director xeral da Organización Mundial da Saúde[4], pero a súa candidatura foi finalmente rexeitada, unha das razóns foi a súa implicación na controversia Diatranz, esta era unha compañía neozelandesa especializada na investigación farmacéutica que afirmaba que mediante o implantamento de células de porco en humanos podíase loitar contra a diabetes, co apoio de Williams propuxo experimentar o seu método nas Illas Cook, un arquipélago que tiña unha das taxas de diabetes máis elevadas do mundo[5], o que resultou nunha gran controversia nas Cook, en Nova Zelandia e na prensa internacional[6]. Ademais do debate ético sobre a utilización de insulares como cobaias humanas, numerosos científicos alegaron os posibles riscos de transmitiren virus porcinos ao ser humano, razón pola que este xénero de transplante de células está prohibido na meirande parte dos países do mundo[7]. Finalmente o proxecto foi abandonado. Williams máis tarde intentou seguir unha carreira política en Nova Zelandia, presentouse candidato nas eleccións xerais de 2005 polo partido New Zealand First[8] na circunscrición de Maungakiekie, sen éxito. No ano 2008 foi elixido presidente da Cook Islands Health Network Association in New Zealand[9].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.