From Wikipedia, the free encyclopedia
Joan Subirats i Humet, nado en Barcelona o 17 de maio de 1951,[1] é profesor de Ciencias Políticas da Universidade Autónoma de Barcelona,[2] especialista en goberno, xestión pública e análise de políticas públicas. Tamén traballou en temas de exclusión social, temas de innovación democrática e sociedade civil. En decembro de 2021, foi nomeado ministro de Universidades do goberno español en substitución de Manuel Castells, que dimitiu por motivos persoais.[3]
Nado no barrio de El Raval,[4] estudou Económicas na Universidade de Barcelona entre 1969 e 1974. Moi axiña comezou a militar en Bandera Roja, un partido fundado por ex-militantes do PSUC.[5] En calidade de representante seu participou, en 1973, na Assemblea de Catalunya, movemento que organizou a toda a oposición catalá á ditadura franquista, e foi un dos 113 detidos,[4] polo que foi encarcerado dous meses na Prisión Modelo de Barcelona.[5] Posteriormente, militou no PSUC.
Na década de 1970, comezou a traballar como profesor universitario na facultade de Dereito da UB. En 1980, doutorouse en Economía pola Universidade de Barcelona e a partir de 1985, pasou á Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Autónoma de Barcelona.[5] Foi director do Instituto de Goberno e Políticas Públicas, IGOP, dependente da UAB, dende a súa creación até xullo de 2009, e alí dirixiu posgraos en Economía Cooperativa. Tamén foi profesor visitante en varias universidades como La Sapienza de Roma, a de Georgetown, Universidade de California-Berkeley, a Universidade de Nova York e a UNAM de México.[4][6]
Foi autor e editou títulos como Elementos de Nova Política (CCCB, Barcelona 2003), Análise e xestión de políticas públicas (Ariel, 2008), Do chino ao Raval (Hacer, 2008), Participación e calidade democrática (Ariel, 2009), Autonomías e desigualdades en España: percepcións, evolución social e políticas de benestar (Institut d'Estudis Autonòmics, 2011)[7] e El poder de lo próximo. Las virtudes del municipalismo (Catarata, 2017).
Durante moito tempo estivo na órbita de ICV pero sen implicación política, mais en xuño de 2014 aparece como un dos voceiros de Barceona en Comú.[5] Despois foi un dos voceiros de Guanyem Barcelona,[8] e é membro da coordinadora de Catalunya en Comú.[Cómpre referencia] En novembro de 2017, foi nomeado Comisario de Cultura do Concello de Barcelona.[9][10]
Nas eleccións municipais de 2019 foi número dous da lista de Barcelona en Comú[5] e foi nomeado concelleiro de Cultura e sexto tenente de alcalde.[11] En xullo de 2021, anunciou que renunciaba ao cargo municipal coincidindo coa súa xubilación.[11] A concellería de Cultura foi asumida por Jordi Martí, ata entón conselleiro de Presidencia, Economía e Orzamentos.[11]
Ten colaborado habitualmente en diversos medios, como o xornal Ara, Catalunya Plural, Crític e El País e no programa La ventana de la Cadena SER.[12][13][14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.