From Wikipedia, the free encyclopedia
Jinfengopteryx é un xénero representado por unha única especie de dinosauro terópodo trodóntido, que viviu no comezo do período cretáceo, hai aproximadamente entre 143 e 128 millóns de anos, entre o berriasiano e ohauteriviano, o que na actualidade é Asia. Os restos fósiles atopáronse na provincia chinesa de Hebei, na Formación Qiaotou en xullo de 2004. A súa datación é incerta, xa que pode ser tanto do Xurásico superior como do Cretáceo inferior. Eses restos forman un espécime (número CAGS-IG-04-0801), do que temos un esqueleto articulado case completo coas impresións de plumas. Tamén se preservaron varias estruturas ovais pequenas de cor avermellada que poderían ser vestixios de ovos, ou froitos secos ou sementes comidas polo terópodo. De ser así, corroboraría a teoría, baseada na forma dental, de que os trodóntidos eran herbívoros ou omnívoros. O seu nome procede de Jinfeng, o 'fénix áureo', nai de tódalas aves na mitoloxía chinesa e do grego πτερυξ pteryx, que significa 'pluma'.
Jinfengopteryx Rango fósil: Cretáceo inferior? | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
J. elegans Ji et al., 2005 (tipo) |
Este animal presentaba unha pouta alongada no segundo dedo das súas patas traseiras. Estas e outras características do seu esqueletoindican que era membro da familia Troodontidae. Os restos coñecidos do jinfengopterix preserváronse con amplas impresións de plumas penáceas, pero carecía doutras aptas para o voo nas súas extremidades traseiras, que si están presentes en dinosauros emparentados como no Microraptor e o Pedopenna.[1]
Os autores da descrición orixinal publicada en 2005 consideraron o Jinfengopteryx como o máis basal dos avialanos (aves), e membro da familia Archaeopterygidae.[1] Nun traballo posterior (2007), compararon o Jinfengopteryx e o Archaeopteryx, para poder manter a súa posición de arqueopteríxidos, pero non presentaron unha análise filoxenética.[2] Así e todo, Luis Chiappe sinala que Jingengopteryx aparenta ter máis en común cos trodóntidos, como a pouta alongada no segundo dedo; e outros especialistas pensaron tamén que pertencería a este grupo.[3] En 2006, Xu e Norell tamén suxeriron que Jinfengopteryx era un trodóntido, baseándose na estrutura xeral do corpo e as características dos dentes.[4] En 2007 unha análise das relacións dos trodóntidos, dromeosáuridos e as primeiras aves realizada por Turner e os seus colaboradores sinala que o Jinfengopteryx é un trodóntido, e así inclúen nese grupo, notando que é o primeiro espécime de trodóntido con evidencia de plumas.[5] Finalmente, Turner e os seus colaboradores en 2012 estableceron firmemente a Jinfengopteryx como un trodóntido, afín os innomeados IGM 100/1126 e IGM 100/1323 (conservados no Instituto de Xeoloxía de Mongolia en Ulán Bátor,[6] creando a subfamilia Jinfengopteryginae.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.