político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Jesús José Olimpio Giráldez Fernández, nado en Redondela o 17 de xuño de 1896 e finado na mesma vila en outubro de 1969, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1896 Redondela, España |
Morte | outubro de 1969 (73 anos) Redondela, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Galeguista |
Familia | |
Pai | Avelino Giráldez Pazó |
Fillo de Avelino Giráldez Pazó. Foi vicepresidente do Redondela FC (1924) e concelleiro en varias ocasións. Na Segunda República foi elixido presidente da Asociación de Beneficencia (1932) e do Casino (1934). Militou no Partido Galeguista, formando parte da última directiva do período republicano. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro, xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a cadea perpetua. Estivo preso no cárcere de Vigo, na illa de San Simón e no Forte de San Cristovo (Pamplona).[1] Tamén foi condenado a pagar unha forte indemnización polo que lle foron embargados todos os bens. Durante o franquismo foi presidente da Hermandad Sindical de Labradores de Redondela. Finou en Redondela en outubro de 1969.[2]
Casou con Carmen Lera Figueras.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.