From Wikipedia, the free encyclopedia
Jerome Seymour Bruner, nado o 1 de outubro de 1915 en Nova York e finado o 5 de xuño de 2016 na mesma cidade, foi un psicólogo estadounidense, de familia polonesa. Profesor de psicoloxía en Harvard e despois en Oxford, escribiu importantes traballos sobre educación, liderou o que veu a ser coñecido como Revolución Cognitiva, na década de 1960. Esta introduce novas perspectivas no estudo da mente, superando os postulados colocados até aquela época polo behaviorismo, que puña o foco só nos fenómenos observábeis. Durante o goberno dos presidentes Kennedy e Johnson dirixiu o Comité de Ciencias (Science and Advisory Committee). Foi profesor da Escola de Dereito da NYU.
As súas publicacións máis importantes son Sobre o Coñecemento: Ensaios da man esquerda (1960) O Proceso da Educación (1961), Actos de Significación (1990), A Cultura da Educación (1996).
Graduouse na Universidade de Duke, Durham (Carolina do Norte), en 1937 e posteriormente en Harvard, Cambridge (Massachusetts), en 1941, obtivo o título de doutor en psicoloxía e foi chamado o pai da psicoloxía cognitiva, pois desafiou os postulados behavioristas da época. Ensinou e investigou, tamén na New School for Social Research.
Posúe doutoramentos “honoris causa” polas Universidades de Yale, Columbia, Sorbonne, Berlín, Roma, ISPA Instituto Universitário, entre outras. É membro da Society for Research in Child Development e da American Psychological Association. Posúe unha obra moi diversificada e traducida na área da educación, pedagoxía e psicoloxía.
Jerome Bruner foi un dos pioneiros nos estudos da psicoloxía cognitiva nos Estados Unidos. Bruner inicia os seus estudos da sensación e da percepción humanas como parte dun proceso activo e non só receptivo. En 1947 Bruner publicou o seu clásico estudo “Valores e necesidades como factores organizacionais na percepción” (Value and Need as Organizing Factors in Perception). Nesta investigación nenos ricos e pobres eran solicitados a avaliar o tamaño de moedas e de discos de madeira. Os seus resultados mostran que os valores e a necesidade dos nenos ricos e pobres se diferenciaban ao superestimar o tamaño das moedas, comparadas aos discos de madeira do mesmo tamaño (Journal of Abnormal and Social Psychology, 1947, vol. 42, páxs. 33–44)
Outro estudo clásico conducido por Bruner e Leo Postman mostraba reaccións máis lentas e menos precisas en relación a cartas da baralla (On the Perception of Incongruity: A Paradigm por Jerome S. Bruner e Leo Postman. Journal of Personality, 18, pp. 206-223. 1949). Estes experimentos apuntaran novos rumbos para a psicoloxía, o que obrigou os investigadores a non só observar a resposta do organismo a estímulos, mais tamén ás súas interpretacións internas. En 1956 Bruner publica ‘’O Estudo do Pensamento’’ (A Study of Thinking) que inicia o estudo da psicoloxía cognitiva, así como funda o Centro dos Estudos Cognitivos (Center of Cognitive Studies) en Harvard. En 1990 fai unha serie de conferencias sobre o asunto, publicadas no libro ‘’Actos de Significación’’ (Acts of Meaning) e nelas refuta o modelo computacional como metáfora do estudo da mente, defendendo un entendemento holístico da mente e do sistema cognitivo humanos.
Jerome Bruner foi un dos pioneiros nos estudos da psicoloxía cognitiva nos Estados Unidos. Bruner inicia os seus estudos da sensación e da percepción humanas como parte dun proceso activo e non só receptivo. Un aspecto relevante da súa teoría é que a aprendizaxe é un proceso activo, no que as/os aprendices constrúen novas ideais, ou conceptos, baseados nos seus coñecementos pasados e actuais. O aprendiz constrúe hipóteses e toma decisións, contando, para isto, cunha estrutura cognitiva. Os esquemas, os modelos mentais fornecen significado e organización para as experiencias e permítenlle ao individuo "ir alén da información dada".
En Harvard Jerome Bruner publicou unha serie de traballos sobre a avaliación nos sistemas educativos e as formas en que podería ser mellorada a educación. A súa visión xeral é de que a ‘’educación non se debe concentrar só na memorización de feitos". Entre 1964-1996 Bruner procurou desenvolver un currículo completo para o sistema educativo que aténdese as necesidades dos estudantes en tres áreas principais que chamou de Man: A Course of Study, coñecido pola sigla MACOS ou M.A.C.O.S. Fundamentábase no ensino en espiral ou sexa un determinado concepto debería ser repetidamente ensinado, en diferentes niveis, cada nivel sendo máis complexo que o primeiro. Este proceso permitiríalle a crianza absorber ideas complexas de maneira máis simple. Bruner pretendía crear un ambiente educativo que se concentrase (1) no que era exclusivamente humano sobre os seres humanos, (2) en como os seres humanos chegaran no estadio actual e (3) en como os seres humanos poderían se perfeccionar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.