Jean Floressas des Esseintes[1][2] é un personaxe de ficción creado por Joris-Karl Huysmans como protagonista da novela A contrafío (1884).

Características

Trátase dun esteta consumado, talvez inspirado na figura real de Charles de Monstesquieu[3],que procede dunha liñaxe nobre e que polo tanto conta cunha copiosa fortuna, se ben asiste impotente á disolución da súa familia. Á idade de 30 anos perde todo contacto coa sociedade en prol dunha vida illada e sustentada sobre unha sensualidade experimental.[4] É en boa medida un alter ego do autor.[5] Este personaxe é "esteticamente sutil e refinado (...) mantén unha postura de brutal oposición á mediocridade, á superficialidade e ao conformismo co herdado, outorgándolles á arte e á fantasía un papel destacado"[6]. Así mesmo, cabe cualificalo de misóxino[7].

Des Esseintes, un antiheroe, o último elo dunha cadea patolóxica perversa da novela À Rebours de J.-K. Huysmans [...], tenta crear un lugar propicio para o seu método de gozo perverso nun ambiente privado, regresivo e estético, para poder sobrevivir. Nesa soidade, transmite a súa patoloxía e padecementos psíquicos, as súas vivencias conscientes e inconscientes, e tamén o funcionamento intersubxectivo e transxeracional da súa familia por medio de lembranzas, fantasías e soños. Demostra como cadaquén pode ser á vez protagonista e vítima dun tecido patolóxico impregnado de violentas transmisións inter e transxeracionais.[8]

Tanto a obra, A contrafío, coma o personaxe protagonista mereceron o eloxio dos membros da Xeración Nós. O escritor Vicente Risco dedicáballe palabras coma estas á figura de Des Esseintes:

O tipo [o dandi / o inadaptado] deuse adoito na fin do século derradeiro, e atopou cecais a máis nidia expresión literaria no Des Esseintes de Huysmans. O tíduo da novela de Huysmans dío todo: À rebours; porque eso é o que son os inadaptados, os que van a contrafío do seu tempo, os que non acaen cos seus contemporáneos. Des Esseintes é realmente un chiflado, porque evidentemente a eisaxeración do tipo pode ser morbosa, mais por máis que sexa un chiflado, non perde endexamáis a nobreza.[9]

Nunha de moitas críticas aparecidas na prensa da época, o escritor e xornalista católico Firmin Boissin definía así o personaxe[10]:

Abonda con que diga que este tolo [Des Esseintes], que non sabe nin o que odia nin o que ama, chega, abatido pola hipocondría, alterado pola apatía, a alimentarse só con lavativas. O tema carecería de calquera interese se o autor non o adobiase con xuízos literarios, apreciacións estéticas e reflexións filosóficas, políticas e sociais que fan de À Rebours unha estraña macedonia de blasfemias e actos de fe, de feitos crueis e ideais, de misticismo e de sadismo[11]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.