From Wikipedia, the free encyclopedia
Jean-Claude Camille François Van Varenberg, nado o 18 de outubro de 1960 en Berchem-Sainte-Agathe, Bruxelas, é un artista marcial e actor belga máis coñecido profesionalmente como Jean-Claude Van Damme[1] famoso polos seus filmes de acción.[2] Entre os seus filmes máis exitosos figuran Bloodsport (1988), Kickboxer (1989), Universal Soldier (1992), Hard Target (1993), Timecop (1994), Sudden Death (1995), JCVD (2008) e The Expendables 2 (2012).[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (nl) Jean-Claude Camille François Van Varenberg 18 de outubro de 1960 (64 anos) Berchem-Sainte-Agathe, Bélxica (pt) |
Outros nomes | Jean-Claude Van Damme |
Altura | 177 cm |
Peso | 78 kg |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme, filme de acción e arte marcial |
Lugar de traballo | Bélxica |
Ocupación | artista marcial, actor |
Período de actividade | 1983 - |
Deporte | Karate |
Familia | |
Cónxuxe | Gladys Portugues (1999–) Darcy LaPier (1994–1997), divorcio Gladys Portugues (1987–1992), divorcio valor descoñecido (1985–1986), divorcio valor descoñecido (1980–1984), divorcio |
Fillos | Kristopher Van Varenberg () Bianca Bree () Gladys Portugues |
Pais | Eugene Van Varenberg e Eliana Van Varenbergh |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | jcvdworld.com |
|
Van Damme obtivo a súa primeira fama gañando unha serie de campionatos europeos de karate. A súa primeira aparición na pantalla e na película de 1984 Monaco Forever. Porén, o seu primeiro papel importante e na película de 1985 No Retreat, No Surrender, na que interpretaba a Ivan Krushensk, protagonizada tamén por Kurt McKinney. Foi contratado para interpretar o monstro en Predator. Vestir un traxe moi pesado na xungla era moi duro e Van Damme estaba descontento co seu papel.[Cómpre referencia] Non esta claro como deixou a película, algúns din que marchou, outros din que foi substituído cando foi revisado o personaxe.[Cómpre referencia] Van Damme di que se despediu intencionadamente para poder facer outras películas. O papel de Van Damme en Bloodsport valeulle un nomeamento como "Peor Nova Estrela" nos Golden Raspberry Awards de 1988 nos que perdeu.[Cómpre referencia]
Van Damme fixo o seu camiño primeira liña de Hollywood nos anos 90, acotío traballando con afamados directores estranxeiros. Filmes memorables inclúen Double Impact (1991), Universal Soldier (1992), Nowhere to Run (1993), Hard Target (1993), e o seu filme máis prezado pola crítica, Timecop (1994). Na maioría dos seus filmes, interpreta a un loitador, policía ou soldado.
A finais dos anos 90, a súa carreira comezou a decaer, con todo continuou facendo películas menores, a miúdo estreadas directamente en vídeo. As súas películas recadaron ó redor de 650 millóns de dólares en todo o mundo,[Cómpre referencia] dándolle un lugar no cinema de acción con outros coma Steven Seagal e Chuck Norris.
Tivo problemas coa cocaína e tamén se lle asume un trastorno bipolar.[Cómpre referencia] Casou cinco veces incluíndo dúas veces coa súa esposa actual Gladys Portugues.
No 1998, Van Damme e o seu antigo gardacostas Chuck Zito víronse envoltos nunha loita a puñadas nun bar de striptease de Nova York chamado Scores. Ao parecer, Van Damme dixo algo negativo sobre Zito mentres estaba borracho, e Zito enfrontóuselle e empezou a golpear ao seu xefe.[Cómpre referencia] Este suceso volveuse notorio nas noticias e resultou un escándalo para o actor.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1984 | Monaco Forever | Gay Karate Man | |
1984 | Breakin' | Espectador na primeira secuencia de danza | Sen acreditar |
1986 | No Retreat, No Surrender | Ivan Krushensky | Tamén coñecido como Karate Tiger (Europa) |
1987 | Bloodsport | Frank Dux | Coreógrafo de loita Guionista Montaxe do filme Primeiro filme con Bolo Yeung. |
1988 | Black Eagle | Andrei | |
1989 | Cyborg | Gibson Rickenbacker | Editor |
1989 | Kickboxer | Kurt Sloane | Guionista Tamén coñecido como Karate Tiger 3 (Europa) |
1990 | Death Warrant | Louis Burke | |
1990 | Lionheart | Lyon Gaultier | Coreógrafo de loita Guionista |
1991 | Double Impact | Alex Wagner/Chad Wagner | Produtor Guionista Segundo traballo con Bolo Yeung |
1992 | Universal Soldier | Luc Deveraux/GR44 | Primeiro traballo con Dolph Lundgren. |
1993 | O derradeiro grande heroe | El mesmo | Cameo |
1993 | Nowhere to Run | Sam Gillen | |
1993 | Hard Target | Chance Boudreaux | |
1994 | Timecop | Max Walker | |
1994 | Street Fighter | Coronel William F. Guile | |
1995 | Sudden Death | Darren McCord | |
1996 | Maximum Risk | Alain Moreau/Mikhail Suverov | |
1996 | The Quest | Christopher Dubois | Director Guionista |
1997 | Double Team | Jack Quinn | |
1998 | Knock Off | Marcus Ray | |
1998 | Legionnaire | Alain Lefevre | Guionista Produtor |
1999 | Universal Soldier: The Return | Luc Devereaux | Produtor |
1999 | Inferno | Eddie Lomax | Tamén coñecido como Desert Heat Produtor |
2001 | The Order | Rudy Cafmeyer/Charles Le Vaillant | Escritor |
2001 | Replicant | Edward "The Torch" Garrotte/Replicant | |
2002 | Derailed | Jacques Kristoff | |
2003 | In Hell | Kyle LeBlanc | |
2004 | Wake of Death | Ben Archer | |
2004 | Narco | Pantasma de Jean | |
2006 | The Hard Corps | Phillip Sauvage | |
2006 | Second in Command | Sam Keenan | |
2006 | The Exam | Charles | |
2007 | Until Death | Anthony Stowe | |
2008 | The Shepherd: Border Patrol | Jack Robideaux | Primeiro traballo con Scott Adkins. |
2008 | JCVD | JCVD | Produtor executivo |
2009 | Universal Soldier: Regeneration | Luc Deveraux | Segundo traballo con Dolph Lundgren. Primeiro traballo con Andrei Arlovski. |
2011 | Kung Fu Panda 2 | Mestre Croc | Voz |
2011 | Assassination Games | Vincent Brazil | |
2011 | Beur sur la ville | Coronel Merot | |
2012 | Rzhevskiy vs. Napoleon | El mesmo | |
2012 | Dragon Eyes | Jean-Luis Tiano | Primeiro traballo con Cung Le e Peter Weller. |
2012 | The Expendables 2 | Jean Vilain | Cuarto traballo con Scott Adkins e Dolph Lundgren. |
2012 | Universal Soldier: Day of Reckoning | Luc Deveraux | Terceiro traballo con Scott Adkins e Dolph Lundgren. Segundo traballo con Andrei Arlovski. |
2012 | Six Bullets | Samson Gaul | |
2012 | U.F.O. | George | |
2013 | Welcome to the Jungle | Storm Rotchild | |
2013 | Enemies Closer | Xander | |
2014 | The Expendables 3 | Claude Vilain |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.